Xoves 18 Abril 2024

Donna Strickland, terceira muller que gaña o Nobel de Física

Donna Strickland (Guelph, Canadá, 1959) Arthur Ashkin (New York, 1922) e Gérard Mourou (Albertville, Francia, 1944) son os gañadores do Nobel de Física 2018, segundo anunciou esta mañá o xurado do prestixioso galardón, polas súas “rompedoras invencións no eido da física do láser“. O premio distribuirase do seguinte xeito, de acordo á importancia dos achados de cada un dos científicos: a metade para Ashkin e a outra metade repartirase entre Donna Strickland e Gérard Mourou.

Segundo explica o comité do Nobel, as invencións premiadas este ano “revolucionaron a física do láser”. Grazas a o traballo destes investigadores, “obxectos extremadamente pequenos e procesos increíblemente rápidos poden ser vistos agora cunha nova luz“. Así, “os instrumentos de precisión avanzada están abrindo áreas ata agora nunca exploradas na investigación, cun feixe enorme de aplicacións médicas e industriais”.

Publicidade

Arthur Ashkin inventou unhas ‘pinzas’ ópticas que poden atrapar partículas, átomos, virus e outras células cunha especie de ‘dedos de luz’ láser. Conseguiuse así acadar “un vello soño da ciencia-ficción”, di o xurado do Nobel: “usar a radiación da luz para mover obxectos físicos”. E en 1987, Ashkin usou as súas pinzas para capturar bacterias vivas sen danalas.

Pola súa parte, Gérard Mourou and Donna Strickland aplanaron o camiño para descubrir os “máis curtos e intensos pulsos de láser nunca creados pola humanidade”. Un artículo “revolucionario”, publicado en 1985 como parte da tese de doutoramento de Strickland, explicou a creación destes pulsos de láser. Este avance converteuse nunha ferramenta esencial na mellora das cirurxías oculares, usándose desde entón en millóns de intervencións.

O Nobel de Física a Donna Strickland rompe así unha situación que perduraba desde 1963, ano no que unha muller recibiu por última vez o galardón. Foi Maria Goeppert-Mayer. E anteriormente, só Marie Curie, en 1903, conseguira este Nobel. Curie obtería tamén o de Química en 1911.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O comportamento humano altérase de xeito notorio en grupos de máis de 180 persoas

Unha nova análise matemática permite comprender como cambiará unha empresa ou unha rexión por medrar de tamaño

Un novo láser consegue desviar raios para evitar que caian na terra

Un potente láser instalado nos Alpes crea un pararraios virtual que pode mellorar a seguridade de infraestruturas críticas

A forza dos raios: mortais nun radio de dez metros e inofensivos dentro dun coche

A presenza da gaiola de Faraday provoca que o campo electromagnético dentro dun condutor en equilibrio estático sexa nulo

Limpar os cascos dos barcos con tecnoloxía láser: novos avances da ciencia galega

Profesionais do Campus Industrial de Ferrol amosan os resultados preliminares dunha investigación centrada na limpeza de embarcacións de fibra de vidro