Morren tres dos golfiños do varamento múltiple de Arousa

As tarefas de rescate conseguiron rescatar aos outros tres animais que apareceron na zona interior da ría durante a tarde do domingo

O varamento múltiple dos golfiños (Delphinus delphis) que o pasado domingo se produciu na zona interior da ría de Arousa acabou con tres dos exemplares mortos, segundo confirmou a Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (Cemma). O animal que foi atopado augas arriba do río Ulla, en Pontecesures, outro que apareceu en Catoira e un terceiro que se localizou en Neixón (Boiro) non puideron sobrevivir. Ata o de agora, segundo explica o responsable da Cemma, Alfredo López, non hai noticia dos dous golfiños atopados en Vilagarcía e outro dos atopados en Neixón, que puideron ser reintroducidos no mar, sen que ata agora se teña constancia de que volvesen varar na zona.

Aos tres animales mortos tomáronselle mostras na necropsia para coñecer máis detalles sobre as causas da morte, aínda que os resultados tardarán en chegar. Con todo, López apunta que este tipo de varamentos “non é frecuente”. “Estanse analizando os datos e recollendo mostras biolóxicas para estudos posteriores e tratar de aclarar así cal foi o inicio do proceso que levou a estes individuos a protagonizar esta situación”, explican desde a Cemma. En agosto de 2019, outro varamento masivo provocou a morte de alomenos dous cetáceos. No que vai de inverno, a Cemma leva rexistrados máis dunha decena de varamentos de cetáceos e lobos mariños na costa galega.

Publicidade

Nas tarefas de rescate do varamento do pasado domingo colaboraron Protección Civil, bombeiros e autoridades dos municipios onde se localizaron os cetáceos. A rede de varamentos da Cemma conta co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.

Aparece un golfiño perdido no río Ulla en Pontecesures

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

‘Mozarrón’ e ‘Pega’, as tartarugas que regresan ao mar tras chegar desnutridas ás costas galegas

A CEMMA devolve ao océano dous espécimes de 'Caretta caretta' despois dunha rehabilitación en augas de 18 a 20 graos

▪️ Un estudo con participación galega atopa proteínas relacionadas co alzhéimer en cetáceos

A investigación determina que a proteína AT100 asociada a doenzas neurodexenerativas indica envellecemento natural e dano neuronal agudo

Case a metade dos cetáceos de augas profundas inxiren macrolixo no noroeste ibérico

A CEMMA participa nun estudo que documenta que aproximadamente o 30% dos exemplares acaba falecendo a causa de lesións dixestivas

Morre o arroaz Ladiña a causa dun accidente cunha hélice

Cría e nai percorreron durante case dous anos distintos portos das rías galegas tras seren detectadas por primeira vez na Guarda en 2024