Un exemplar de golfiño apareceu na mañá deste domingo, 5 de xaneiro, no río Ulla na altura de Pontecesures. A aparición deste cetáceo en auga doce, a moi grande distancia da ría de Arousa cara ao interior, chamou a atención dos veciños de Pontecesures.
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) asegurou en Twitter que está a facer un seguimento deste animal para determinar as causas da súa presenza tan adentro.
Un golfiño no río Ulla ! Perdido en Cesures ! @G24Noticias ! @RadioGalega ! @CEMMAcetaceos ! pic.twitter.com/wxdVKBFhoM
— Pedro Pablo Alonso (@Pedropabloalons) January 5, 2020