O IEO de Vigo publica unha importante revision da contaminación por microplásticos

A contaminación por microplásticos é un dos grandes problemas aos que se enfronta na actualidade o medio mariño. Ademais dos danos que poden causar a nivel macroscópico nas especies acuáticas, estes problemas trasládanse incluso a nivel celular debido á degradación das fibras sintéticas. Neste senso, investigadores do Departamento de Oceanografía do Centro Oceanográfico de Vigo, adscrito ao IEO, acaban de publicar na revista Marine Pollution Bulletin unha revisión bibliográfica da situación actual das microfibras sintéticas nos sedimentos e na auga do mar.

Os microplásticos son polímeros sintéticos que miden menos de cinco milímetros e proceden de múltiples residuos, como produtos de hixiene persoal, redes ou roupa. Ao chegar ao mar, poden percorrer distancias moi longas a través das correntes, o que implica que están presentes en case todos os hábitats mariños. Dentro deles, as microfibras son as máis habituais.

Publicidade

O traballo revisou artigos publicados desde os anos 70 sobre este tipo de contaminación

O artigo, asinado por Jesús Gago, Lucía Viñas, Olga Carretero e Ana Filgueiras, revisou artigos publicados desde os anos 70 para analizar a distribución das microfibras na auga do mar e nos sedimentos. Sinalan os investigadores que “a ampla distribución de microfibras no medio mariño deberíanos facer pensar nas posibles interaccións e consecuencias que poderían ter sobre a vida nos oceános”. E engaden: “Non en tanto, o seu estudo atópase nas primeiras fases, polo que existe unha falta de consistencia nas metodoloxías utilizadas, o que dificulta o poder realizar comparativas entre os resultados”.

Con todo, segundo a revisión, “hai unha serie de aspectos nos a maior parte dos científicos coinciden: as microfibras supoñen a maior porcentaxe de microplásticos no medio mariño; a cor azul é a máis frecuente tanto nas augas como nos sedimentos, seguido do transparente na auga e o negro, no caso dos sedimentos.

Publicidade

En canto ao tipo de polímero, o máis habitual en auga e sedimento é o polipropileno (PP), seguido do polietileno (PE) en auga e o poliéster (PES) en auga e sedimento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

As microfibras son o principal microplástico detectado en bivalvos mariños

Un estudo do IEO de Vigo sinala que as febras azuis son as máis frecuentes e alerta de que as de celulosa rexenerada poden ter riscos comparables aos das sintéticas

Un novo modelo conceptual revela a elevada complexidade da dinámica do fitoplancto nas Rías Baixas

Un equipo do IEO-CSIC e da UVigo propón un enfoque por capas que evidencia a influencia dos afloramentos na organización das comunidades microscópicas

Detectan en Galicia dous novos rexistros de peixe bóla asociados á tropicalización do océano

Un estudo liderado polo Centro Oceanográfico de Vigo confirma a aparición de dúas especies pouco frecuentes nas augas do sur galego