A BBC cativa as redes co gato máis pequeno do mundo

A BBC estoura en redes con este vídeo sobre o gato máis pequeno do mundo, que forma parte da súa serie documental de natureza Big Cats.

Se queres ver un gato ferruxento (Prionailurus rubiginosus) no seu hábitat natural deberás viaxar á India ou á illa de Sri Lanka, os únicos lugares do planeta onde vive. De todos os xeitos, non é nada fácil dar cun exemplar e non só porque sexan ananos. Poden vivir en territorios moi distintos: mentres en Sri Lanka aparecen sobre todo en zonas tropicais de altura, na India alternan montes, terreos secos e fragas.

Publicidade

Ademais son principalmente nocturnos e adoitan desprazarse movéndose de árbore en árbore. Ser minúsculos non impide aos gatos ferruxentos ser hábiles depredadores. Buscan e cazan pequenas aves e roedores, sen desprezar algúns anfibios e réptiles.

Necesitan moverse a toda velocidade para evitar ser presas de animais de maior envergadura. A única especie que rivaliza con eles polo título de ‘máis pequeno do planeta’ é o gato patinegro, que habita zonas do sur de África. Con todo, a maior parte das veces alcanza un tamaño superior ao dos seus ‘curmáns’ felinos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Campaneiro, coroceiro e muiñeira: unha exposición retrata profesións galegas tradicionais en desaparición

A mostra foi elaborada por máis de 30 estudantes e poderá visitarse no Museo Etnolóxico de Ribadavia ata abril de 2027

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos