Un corazón de dragón en Ara

Créditos da imaxe e copyright: Andrew Campbell
Créditos da imaxe e copyright: Andrew Campbell

Explicación: esta nube cósmica, grande e cunha forma espectacular, abarca uns 7 graos ou 14 lúas cheas no ceo do planeta Terra cara a constelación meridional de Ara. A aparición filamentaria, difícil de fotografar, está catalogada coma RCW 114 e perfilada neste mosaico telescópico pola desveladora emisión avermellada dos átomos ionizados de hidróxeno. De feito, RCW 114 foi recoñecido coma un remanente de supernova. Os seus amplos filamentos de emisión son producidos mentres a onda de choque en expansión procedente da explosión mortal dunha estrela masiva varre o medio interestelar ao derredor. Estímase a súa distancia a uns 600 anos luz, o que indicaría un diámetro duns 100 anos luz ou así. A luz da explosión de supernova que creou RCW 114 tería chegado á  Terra hai uns 20.000 anos. Unha estrela de neutróns ou un pulsar identificouse recentemente coma os refugallos colapsados do núcleo estelar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo