Beatriz Reguera, do IEO de Vigo, recibe o premio Yasumoto

Beatriz Reguera, profesora de investigación do grupo de Microalgas Nocivas no Centro Oceanográfico de Vigo, recibiu a finais de outubro o prestixioso premio Yasumoto (Yasumoto Lifetime Achievement Award), que entrega a Sociedade Internacional para o Estudo das Algas Nocivas (ISSHA). O galardón foille entregado a Beatriz Reguera no marco da 18ª Conferencia Internacional de Algas Nocivas celebrada en Nantes entre o 21 e o 26 de outubro.

O premio Yasumoto recoñece a traxectoria profesional da investigación no eido das algas nocivas

O premio concédese bianualmente desde o ano 2000, e recoñece as achegas relevantes dun investigador ou investigadora durante a súa carreira profesional, sobre todo no marco do estudo das algas nocivas e as ficotoxinas, así como a colaboración e os servizos prestados á ISSHA, segundo informa o Oceanográfico de Vigo.

Publicidade

No caso de Beatriz Reguera, a súa nominación foi presentada ao Consello da ISSHA en recoñecemento ás súas achegas ao coñecemento da bioloxía, dinámica de poboacións e estratexias de mostraxe das poboacións de dinoflaxelados do xénero Dinophysis, produtores de toxinas diarreoxénicas e uns dos causantes das habituais mareas vermellas. 

Beatriz Reguera ten tamén ocupado cargos de responsabilidade internacional na súa carreira, como a presidencia do grupo de traballo do ICES-IOC sobre dinámica de poboacións de algas nocivas (1992-1996), e a presidencia da propia ISSHA (2008-2014). Entre outros galardóns, a investigadora do Oceanográfico foi tamén premiada en 2011 pola Comisión Oceanográfica Intergobernamental da Unesco.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

⁠Algas e microalgas: o tesouro biotecnolóxico que agocha o mar galego

O centro tecnolóxico ANFACO presenta en BioSpain o seu aproveitamento da biomasa mariña para crear novos ingredientes

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz

Un estudo alerta do declive de catro peixes migratorios en Galicia: “Ningunha das súas pesquerías é sostible”

Unha investigación recolle datos de 1997 a 2026 e certifica a drástica caída das poboacións de zamborca, lamprea, solla e anguía

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie