Un estudo feito en Arousa confirma por primeira vez a sostibilidade entre arroaces e bateas

Os investigadores mariños crían ata o de agora, en base a varios estudos, que as plataformas para o cultivo de bivalvos, nomeadamente as bateas, impactaban de xeito negativo na presenza dos arroaces (Tursiops truncatus). Porén, un novo estudo realizado na ría de Arousa por científicos do centro de investigación do Grove BDRI (Bottlenose Dolphin Research Institute), sinala que, nas rías galegas, a convivencia entre estes golfiños e os cultivos de ostras e mexillóns é, polo menos nas rías galegas, máis sostible que en calquer outro sistema de outras partes do mundo.

Estes resultados confirman por primeira vez a nivel mundial que os golfiños non sufren un impacto negativo pola presenza destas plataformas, nas que se cultivan mexillóns ou ostras. Así, os investigadores conclúen que a relación entre a cría de moluscos e os golfiños vai depender da técnica de cultivo e das especies presentes neses criadeiros.

Publicidade

Datos dos movementos das observacións (liñas grises), observacións dos arroaces (puntos negros) e polígonos de bateas (recadros grises).
Datos dos movementos das observacións (liñas grises), observacións dos arroaces (puntos negros) e polígonos de bateas (recadros grises).

O traballo, publicado na prestixiosa revista Marine Technology, expón que os arroaces acoden ás bateas para para alimentarse, polo que a presenza destes mamíferos aumenta nos lugares onde se sitúan os polígonos marisqueiros. As observacións realizadas ata o de agora en lugares como China, Chile, Australia ou Nova Zelanda suxerían que estas plataformas causaban un efecto negativo da distribución destes golfiños.

Os arroaces teñen nas bateas unha fonte de alimento “fácil de atopar e capturar”, se se compara coa busca de peixes silvestres noutras zonas. Amais, os resultados sinalan que a técnica de cultivo das bateas que se emprega en Galicia é totalmente sostible coa presenza destes cetáceos. Por tanto, a información obtida podería ser de gran utilidade para a xestión da acuicultura en Galicia.

Publicidade

Para esta investigación desenvolveuse un traballo de campo durante 22 meses, con 154 días de observación de 353 grupos de arroaces a bordo dun barco na ría de Arousa, unha das zonas de maior produción de bivalvos a nivel mundial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

Da Guarda á Ría de Arousa: Ladeira e Ladiña, os arroaces que percorren as Rías Baixas

A femia adulta, que navega cunha filla, precisa manterse na superficie parada, durante horas, o que impide que siga a manda

A culpa é do atún vermello: as claves da chegada das candorcas as rías galegas

A poboación da especie que pasa polo litoral non excede dos 50 individuos en ruta entre Xibraltar e o Golfo de Biscaia

A UVigo lidera un proxecto europeo para revolucionar os pensos de acuicultura

Un equipo do CIM desenvolverá un ingrediente alternativo e nutritivo para a alimentación de especies como a robaliza