As nubes causadas polos incendios e os avións entran no novo Atlas internacional

O Atlas Internacional das Nubes é unha publicación de referencia para os meteorólogos e todos os aficionados á observación do ceo. Neste 23 de marzo, Día Mundial da Meteoroloxía, a Organización Mundial da Meteoroloxía publicou a  nova edición deste atlas, que por primeira vez se ofrece en formato dixital.

Entre as novidades destaca a categoría de”nubes especiais”. Aquí entran as causadas polos incendios forestais ou erupcións volcánicas (flammagenitus), as xeradas pola acción do ser humano (homogenitus), como os ronseis dos avións (contrails) ou o fume das fábricas.

Publicidade

Nube "murus" captada durante un tornado en Colorado (EUA). Foto: © Matthew Clark.
Nube “murus” captada durante un tornado en Colorado (EUA). Foto: © Matthew Clark.

A revisión do Atlas Internacional das Nubes tamén inclúe unha nova especie, a volutus, un tipo de nube alongada, coma un tubo, e cinco novos tipos de formacións que se distinguen por determinados rasgos: as asperitas (cunha especie de protuberancias), as cavum (cun burato no medio), as cauda (nubes de cola), fluctus (con aparencia de ondas do mar) e as murus (formacións verticais que adoitan anticipar tormentas).

As nubes clasifícanse dun xeito parecido ao que se segue cos seres vivos. Divídense en xéneros, especies e variedades que se nomean con termos latinos. Os dez principais xéneros (cirros, cirrocúmulos, cirrostratos, altocúmulos, altoestratos, nimbostratos, estratocúmulos, estratos, cúmulos e  cumulonimbos) non sufriron ningunha modificación.

Publicidade

Segundo destacan desde a Organización Meteorolóxica Mundial, esta actualización do Atlas Internacional das Nubes é a de maior volume da historia, debido á gran cantidade de información que se pode recabar grazas aos avances tecnolóxicos.

Esta nova edición pode consultarse, de xeito gratuito, na web do Atlas Internacional das Nubes, neste enlace.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Guía para non perder os grandes eventos astronómicos de maio dende Galicia

O paso de Marte polo 'Enxame' e as choivas de meteoros das Eta Aquaridas son os principais fenómenos do mes

De cumulonimbos a estratocúmulos: cantos tipos de nubes existen?

A revolución científica trouxo os sistemas de nomenclatura actuais, que permiten evitar calquera ambigüidade á hora de referirse a un ser vivo, aos minerais e ata a unha nube

Un asteroide troiano de Xúpiter pasará polo ceo de Galicia

En Santiago de Compostela hai un 34 % de probabilidade de observar a ocultación dunha estrela

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...