Arranca un proxecto para monitorizar os arroaces das Rías Baixas

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) puxo en marcha onte unha nova campaña marítima enmarcada dentro do proxecto de Monitorización dos arroaces das Rías Baixas. A finalidade principal do proxecto é a realización de mostraxes centradas no estudo do arroaz nas augas de Galicia. Máis concretamente, o estudo do Tursiops truncatus, a especie de cetáceo que vive máis preto das nosas costas.

O obxectivo é a cuantificación do número de mandas e de exemplares que usan as Rías Baixas na súa vida diaria. As últimas investigacións indican que as rías son utilizadas por mandas de arroaces chamadas de gardería, xa que son os grupos nos que as femias paren e crían aos seus cachorros ata a adolescencia. Cumpridos os tres anos, os arroaces abandonan as mandas e diríxense a outras áreas da plataforma continental para alimentarse.

Publicidade

A bordo do veleiro Bahía de Nergha, a campaña marítima deu comezo na madrugada do día 25 na ría de Vigo e alcanzará a ría de Arousa tres días despois. Nesta embarcación navega un equipo de especialistas experimentados dirixido por José Antonio M. Cedeira, biólogo e presidente da CEMMA.

A investigación analiza o estado actual e o proceso de renovación poboacional

Nas labores de investigación recolleranse datos de avistamentos, comportamento e fotografías que cuantifiquen o número de exemplares. Rexistraranse individualmente para coñecer os que compoñen as diferentes mandas.

Publicidade

A CEMMA ten rexistrados exemplares, identificados polas aletas, dende hai 16 anos e nas súas bases de datos constan máis de 400 cetáceos diferentes. Ademais realizaranse gravacións acústicas dos sons para estudar o seu comportamento.

Esta investigación pretende delimitar o estado actual dos grupos e descifrar así o proceso de renovación poboacional a partir de que, no mes de xuño, comecen a nacer os cachorros. Segundo rexistros da CEMMA, anualmente morren entre 25 e 40 arroaces na plataforma continental galega. O que se pretende, por tanto, é averiguar cantos nacementos se producen no mesmo período de tempo para establecer a taxa de renovación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As claves do regreso das candorcas: por que volven a avoa Toñi e a súa manda ás Rías Baixas?

O grupo, de entre oito e dez exemplares, regresa por terceiro ano consecutivo a Galicia seguindo o rastro do atún vermello e xeran interaccións coas embarcacións

O chorro polar impulsa un episodio de calor que rozará os 40 graos en Galicia

MeteoGalicia activa avisos amarelos e laranxas por temperaturas máximas nas Rías Baixas, Ourense e o sur de Lugo

As candorcas volven ás costas galegas: rexístrase un avistamento nas Rías Baixas

A CEMMA confirma que os cetáceos xa se atopan de camiño ao norte de Galicia e agardan a chegada doutros dous grupo que veñen dende Portugal

A historia das tartarugas que chegaron a Galicia tras o tren de borrascas e agora regresan ao mar

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños liberará a 'Tanxil' e 'Noetiña' fronte á ría de Vigo na embarcación 'Novo ollo do mar'