GCiencia inicia un novo proxecto con motivo do Ano Internacional dos Legumes

En Galicia, as leguminosas teñen unha importante presenza na agricultura e na alimentación, pero tamén, e de forma moi destacada, na ciencia. Por este motivo e co gallo da celebración do Ano Internacional dos Legumes, GCiencia pon en marcha Sementes do coñecemento,un proxecto divulgativo que conta co respaldo da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), del Ministerio de Economía y Competitividad.

Sementes do coñecemento,que comeza esta semana, consistirá nunha serie de reportaxes trilingües sobre este campo da ciencia. Neles, un grupo de xornalistas de GCiencia abordarán a importancia da investigación relacionada coas leguminosas, en concordancia cos obxectivos do Ano Internacional de sensibilizar á opinión pública sobre as vantaxes nutricionais dos legumes, como parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición.

Publicidade

Consiste nunha serie de reportaxes trilingües sobre a importancia da investigación das leguminosas

2016 foi declarado Ano Internacional das Legumes pola Organización das Nacións Unidas (ONU), unha celebración que dirixe a Organización para a Alimentación e a Agricultura (FAO) en colaboración coas organizacións pertinentes. Co obxectivo de sensibilizar da importancia dos legumes, o Ano Internacional proponse fomentar conexións ao longo de toda a cadea alimentaria, incrementar a produción mundial de legumes, utilizar de maneira máis apropiada a rotación de cultivos e facer fronte aos retos que existen no comercio de legumes.

Sementes do coñecemento arrinca cunha reportaxe baixo o título Que fai especiais os legumes?, unha publicación na que se fai unha aproximación xenérica da importancia das leguminosas.  As reportaxes, todas elas en galego, castelán e inglés, abordarán as diferentes liñas de investigación sobre legumes que se desenvolven nos principais centros de investigación de Galicia. Así, por exemplo, presentaranse os traballos sobre alimentación, especialmente os centrados no proxecto Galiat 6+7, un gran experimento que analiza as vantaxes da chamada Dieta Atlántica.

Publicidade

Tamén se analizará o banco de xermoplasma da Misión Biolóxica de Galicia (CSIC), que recupera variedades tradicionais como o chícharo bágoa, cuxo prezo alcanza os 300 euros o quilo. Ou as investigacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Xunta) de novas variedades de legumes, así como o traballo de grupos da Universidade de Vigo que desenvolven materiais diversos a partir de subprodutos das leguminosas.

As reportaxes aproximaranse aos centros de investigación, mentres que os científicos terán a palabra para transmitir a importancia do traballo que desenvolven. Tamén serán protagonistas os responsables da cociña dalgúns dos principais restaurantes galegos, para que expliquen as posibilidades dos legumes antes de chegar ao prato.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que sentían realmente ao escribir cartas hai 500 anos? Así o descifra a IA

Un proxecto do CSIC Galicia desenvolve modelos computacionais capaces de identificar e clasificar emocións en correspondencia histórica entre os séculos XVI e XVIII

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

Un equipo galego demostra os efectos negativos do eucalipto nos ecosistemas fluviais

O estudo da UVigo constata que a diversidade de especies nos regatos diminúe naqueles lugares rodeados das árbores oriúndas de Australia

Catro de cada dez galegos cren que os gobernos crean virus para controlar a súa liberdade

Tres de cada catro cidadáns confía na investigación científica, pero o número de escépticos aumenta en liña coa dinámica mundial