O CITIUS de Santiago ofrece cinco bolsas de verán para investigadores

Os estudantes que teñan rematado o terceiro curso do grao en Informática ou de Telecomunicacións, Matemáticas, Física ou disciplinas similares poderán optar ás cinco bolsas que convoca o Centro singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CiTIUS) coas súas Bolsas de Investigación Verán 2016. Tamén poderán concorrer quen teña superado 140 créditos cunha nota media igual ou superior a 8,0. Cada unha das bolsas está dotada con 700 euros e unha axuda económica por gastos de traslado.

A través desta convocatoria, as persoas seleccionadas terán a oportunidade durante o mes de xullo de traballar directamente cos investigadores principais do centro nunha das liñas de investigación incluídas nos Programas Científicos, así como participar en relatorios e ciclos formativos que terán lugar durante a túa estadía. Os Programas Científicos entre os que se poderán elixir son os de Computación de altas prestacións e computación na nube; e-Saúde; Enxeñaría de datos; Intelixencia ambiental e interfaces multimodais, Intelixencia de negocio e na web; Robots persoais; e Visión artificial.

Publicidade

As persoas interesadas deberán remitir a documentación requerida a citius.idi@usc.es indicando no asunto ‘Bolsa de verán’ antes das 23.59 horas do 22 de maio. As bases da convocatoria e o formulario de solicitude poderá descargarse da web.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%