A pesca recreativa, con 60.000 licencias en Galicia, quere colaborar coa ciencia

O grupo de 40 expertos internacionais reunidos esta fin de semana en Vigo nunha xornada sobre pesca recreativa en el litoral Atlántico Ibérico co organizada pola Universidade de Santiago de Compostela coincidiu na urxencia de incrementar as investigacións sobre a bioloxía das especies capturadas polos pescadores recreativos nesas. Ademais, recomendan analizar en detalle a importancia económica dun sector recreativo que anualmente xera en España e Portugal 360 millóns de euros.

Nas costas europeas hai preto de 10 millóns de pescadores recreativos que gastan anualmente 6.000 millóns de euros na súa actividade. Só en Galicia, a Consellaría do Mar emitiu o pasado ano máis de 60.000 licencias para o que é unha das formas más importantes de uso do litoral na nosa comunidade.

Publicidade

Diante destas cifras, os expertos mostráronse partidarios de fomentar o asociacionismo e a formación dos pescadores recreativos para incrementar iniciativas de colaboración con científicos e diminuír os conflitos con outros usuarios dos ecosistemas costeiros. Á súa vez, recomendan revisar o actual marco normativo, harmonizar o réxime de obtención de datos da actividade e incrementar a participación dos pescadores na toma de decisións sobre a sú actividade. A actividade dos pescadores recreativos pode ter interese científico. Así é o caso dos mergulladores, pero tamén para obter datos de especies e capturas en distintas zonas do litoral ou dos ríos.

O obradoiro estivo organizado ademais polas Universidades de Minho e Aveiro, a Federación Galega de Pesca Marítima Responsable e Náutica de Recreo, WWF-ESPAÑA, a Federación Galega de Actividades Subacuáticas e o International Forum for Sustainable Underwater Activities. Contou tamén co apoio da Xunta de Galicia, a Confederación Española de Pesca Recreativa Responsable e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento