Zendal lanza a primeira vacina de tecnoloxía ADN contra a leishmaniose canina

‘Neoleish’ reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os signos clínicos da doenza

Un equipo formado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o grupo Zendal desenvolveu a primeira vacina contra a leishmaniase canina baseada en ADN recombinante. Agora, a filial do grupo Zendal ‘Petia Vet Health’ lanza ao mercado ‘Neoleish’, un medicamento para mamíferos animais para facer fronte á leishmaniose canina, unha enfermidade que produce úlcerais cutáneas que cicatrizan espontaneamente e inflamacións grave do fígado e do bazo. Neoleish reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os sigos clínicos da doenza. É a segunda do mundo con esta tecnoloxía, que se basea en fragmentos de información xenética que codifican inmunóxenos.

A Axencia Europea do Medicamento (EMA, polas súas siglas en inglés) emitiu en 2022 o ditame favorable e agora lánzase ao mercado no marco da celebración da feira internacional IBERZOO+Proppet para os profesionais de animais de compañía que se celebra en Ifema (Madrid). O investigador do CSIC Vicente Larraga, do grupo de Parasitoloxía Molecular do Centro de Investigacións Biolóxicas Margarita Salas (CIB-CSIC) e director do desenvolvemento, expuxo que esta vacina destaca por ser “moi eficaz”, xa que reduce un 92% o número de parasitos nos cans vacinados nun experimento paralelo realizado no laboratorio.

Publicidade

Desta maneira, o protozoo parasito introdúcese nas células do sistema inmune do animal infectándoo e protexéndose dos anticorpos que este xera para eliminalo. Para iso “require a activación da chamada vía celular para ser eliminado”, sostén Vicente Larraga. A vacina activa a vía celular de defensa nos animais infectados e diminúe a presenza do parasito dentro das células dos cans vacinados. Ademais, permite a inmunización activa de cans negativos á enfermidade a partir dos seis meses de idade, para reducir o risco de desenvolver unha infección activa e a enfermidade clínica trala exposición a Leishmania infantum.

“Unha vacina segura”

O director xeral de Petia, Ricardo Troncoso, alegou que “este é un importante fito para a compañía, dada a importancia desta vacina na contorna da saúde das mascotas, ao que achegará maior saúde e seguridade”. “De novo a unión de sinerxias público-privadas dá un bo resultado no ámbito biofarmacéutico. A alianza Zendal-CSIC conseguiu un fito na vacinoloxía animal”, destacou pola súa banda, o CEO de Zendal, Andrés Fernández, quen engadiu tamén que sae ao mercado “unha vacina segura, pertencente ao grupo máis innovador, as denominadas de terceira xeración”.

Publicidade

Segundo a OMS, nos últimos anos, os casos de leishmaniose canina e humana aumentaron en Europa debido ao cambio climático e á presenza da mosca flebótomo en máis países europeos do norte. Está considerada unha enfermidade tropical desatendida e a leishmaniose cutánea e visceral son endémicas na rexión na que menudean os casos impartidos de África e as Américas. Calcúlase que cada ano hai entre 700.000 e un millón de novos casos no mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia exhibe a súa biotecnoloxía en BioSpain coa participación de máis dunha decena de organizacións

O ecosistema galego reúne en Bilbao empresas, universidades e centros de investigación, e pon o foco no crecemento dun sector que xa suma 162 compañías activas

Sete anos de ciencia e innovación: estes foron os gañadores nas últimas edicións dos Premios Zendal

A convocatoria de 2026 permanece aberta ata o vindeiro 20 de setembro e repartirá 65.000 euros entre proxectos de saúde humana e animal

A galega Zendal completa a vacinación de máis de 7.000 bebés no ensaio da súa vacina contra a tuberculose

O proxecto internacional avaliará se MTBVAC protexe mellor fronte á enfermidade en comparanción con BCG, a única aprobada actualmente para vacinar os recentemente nados

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024