Identificada unha proteína clave na recuperación tralo ictus

En España, unha persona sofre un accidente cerebrovascular cada seis minutos

A proteína PATJ desempeña un papel clave na recuperación das zonas do cerebro afectadas por un ictus, segundo un estudo liderado por un equipo da Universidade das Illas Baleares (UIB) e publicado na revista Cell Death Discovery. O descubrimento abre a porta a “acelerar a reparación do dano cerebral tras este accidente cerebrovascular, dado que non se dispón aínda de ningún fármaco eficaz para tratar as lesións asociadas”, sinala Cristòfol Vives-Bauzà, investigador principal do grupo da UIB que liderou este traballo.

Dacordo cos resultados, a importancia da proteína PATJ recae no feito de que se encarga de regular a formación de novos vasos sanguíneos na rexión lesionada tras o ictus. Isto é esencial para volver achegar osíxeno e nutrientes á zona do cerebro que quedou danada polo ictus.

Publicidade

O papel clave do xene PATJ

En estudos previos, os científicos lograron identificar en 2019 o primeiro xene asociado ao prognóstico funcional despois do ictus: PATJ. A investigación realizouse mediante aproximacións xenéticas baseadas en análises comparativas do xenoma humano entre pacientes de ictus isquémico que tiveron unha boa recuperación funcional con aqueles pacientes que sufriron secuelas graves.

Desde entón, os expertos ampliaron o traballo a través de estudos funcionais para determinar a función do xene PATJ no contexto da rexeneración da lesión isquémica cerebral. Estes datos permitiron concretar o papel clave desta proteína á hora de regular a formación de novos vasos sanguíneos na zona afectada, un proceso indispensable para rexenerar a lesión cerebral.

Publicidade

Ao redor de 175.000 casos en España

Un ictus é a alteración repentina da circulación do sangue no cerebro, xa sexa debido a unha obstrución (ictus isquémico, que son a maioría de casos) ou pola rotura dunha arteria cerebral (ictus hemorráxico). Trátase dunha enfermidade aguda que pode comprometer funcións cognitivas, motoras, sensitivas ou emocionais. Ten un impacto moi importante tanto nos pacientes como nos sistemas de saúde, dado que é a causa principal de discapacidade e dependencia no mundo.

En España, unha persoa sofre un ictus cada 6 minutos, o que representa ao redor de 175.000 casos cada ano, dos que un terzo acaban con algún grao de dependencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores galegos redefinen as pautas de extubación despois dunha operación por ictus

O estudo, coordinado polo IDIS e o CHUS, mostra que, contrario ao que se pensaba, adiantar o espertar do paciente non mellora a recuperación funcional

Identificado un mecanismo que contribúe ao desenvolvemento temperán do alzhéimer

As investigacións sobre a proteína SFRP1 indican que podería ser importante nas primeiras fases e abre a porta a novas dianas terapéuticas

Identificada unha das claves da alta agresividade do cancro de páncreas

Un estudo internacional descobre unha nova función dunha proteína que podería abrir vías para deseñar terapias máis eficaces contra o tumor

Investigadores de Santiago desenvolven unha nova estratexia terapéutica contra o ictus

O novo enfoque do IDIS reduce significativamente a lesión cerebral e mellora as funcións motoras e cognitivas dos pacientes