Alumnos do IES Miraflores de Oleiros que participan na creación de infraestruturas 3D

Pequenas cousas como unha botón adaptado para un mando a distancia, un Tetris acaído a mozos e maiores con discapacidade, un soporte para a tablet ou portátil que se adapte a unha persoa encamada, unha rampla de accesibilidade en impresora 3D, ou un control de voz para subir e baixar a intensidade da luz de lectura poden repercutir na calidade de vida de nenos e maiores con parálise cerebral. Sábeno ben en ASPACE Coruña, que souberon tecer esa alianza necesaria entre a ciencia e a tecnoloxía ao aceptar o reto que lles propuxo  CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) da Universidade da Coruña (UDC) para dar forma ao proxecto ‘Talentos Inclusivos’. 

Poñer a tecnoloxía ao servizo das persoas que teñen maiores dificultades para favorecer a súa autonomía, implicar a xeracións futura de mozos e mozas fomentando a súa aproximación as vocacións TICs e difundir ese coñecemento como ciencia aberta é a tripla filosofía que subxace detrás dun proxecto que o CITIC desenvolve desde 2020 en estreita alianza con Aspace Coruña, a asociación galega que agrupa ao familiares de persoas con parálise cerebral desde 1977 e que traballan incansablemente para garantir os seus dereitos como cidadáns. 

Contan co apoio do Consello Social da UDC, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta  e o Concello dá Coruña e o financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, do Goberno de España, a través do Ministerio de Ciencia e Innovación, a través da súa Convocatoria de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación 2019 e 2020.

O proxecto foi unha iniciativa de Javier Pereira, investigador principal do CITIC con experiencia de traballo en grupos con dispacidade. Concibiu a iniciativa procurando as experiencias dos usuario e usuarias de Aspace e implicando a mocidade galega para tecer unha rede coral entre a Universidade, a asociación e unha decena de IES da provincia no deseño e na construción de solucións tecnolóxicas para a vida cotiá de persoas con parálise cerebral. 

“Detrás de todo isto hai moito traballo en investigación e deseño para mellorar a calidade de vida das persoas”

CITIC

Talentos Inclusivos acaba de ser recoñecido cun dos Premios Prisma 2022 dos Museos Científicos coruñeses á divulgación, na súa 35 edición cunha mención especial na modalidade de ‘Proxecto Singular’, e non é casualidade porque xa van pola súa terceira edición con pequena gran mochila de logros e conquistas. 

Detrás de todo isto hai moito traballo en investigación e deseño para mellorar a calidade de vida das persoas con esta discapacidade pero tamén para aproximar a realidade cotiá das persoas con discapacidade aos mozos nunha etapa aínda non universitaria para que tomen conciencia e consciente e potencien o seu rol como actores proactivos no futuro”, explican María Jesús Vidal e María Pedre, desde o departamento de Comunicación do CITIC coruñés. 

Talentos Inclusivos acaba de ser recoñecido cun dos Premios Prisma 2022 dos Museos Científicos coruñeses

Son o propios usuario e usuarias de Aspace os que propoñen os retos TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) en función das súas necesidades, que se van actualizando e ampliando convocatoria tras convocatoria e que poden consultarse aquí. E é o alumnado dos centros de Ensino Secundario implicado o que ten que idear e expor unha solución, como un timbre sen fíos para avisar a persoa coidadora, un dominó adaptado ou un comunicador que mesmo interactúa con Alexa. O repositorio completos dos retos pódese consultar nesta ligazón

No seu deseño e execución xa entra en xogo o CITIC, que ademais de proporcionar o material e a asistencia técnica e teórica, supervisa e axuda a alumnos e profesores cando se atoran na execución. ‘O 99% dos retos que se nos propuxeron foron adiante e so lembramos un caso no que decaeu”, apunta Chius Vidal. Os beneficios da súa aplicación práctica calíbranse con modelos  científicos no que denominan PIADS (impacto psicosocial da solución tecnolóxica na vida diaria). Os datos obtidos do proceso de valoración e validación dos usuarios e usuarias de Aspace Coruña ao respecto das melloras implementadas recóllenos e analízanos os estudantes e o resultado faise público a fin de “impulsar a divulgación de resultados tecnolóxicos innovadores baseados na evidencia científica sobre un modelo de ciencia aberta”, expoñen desde o CITIC. 

“Falamos do futuro das tecnoloxías TIC para poñelas ao servizo das persoas”

INÉS REY, alcaldesa da Coruña

Unha das cuestións que fan máis interesante este proxecto é precisamente a dimensión interxeracional que implica ao alumnado dunha decena de centros de ensino secundario da Coruña cun triplo obxectivo: achegar a metodoloxía científica, fomentar as vocacións TOC entre o alumnado e introducir ás futuras xeracións en proxectos colaborativos orientados a ser conscientes e a visibilizar a diversidade funcional. Ata a data, máis de 300 rapaces e rapazas participaron nas actividades expostas por Talentos Inclusivos nos equipos 2020/2021 e 2021/2022 para dez centros públicos e concertados de IES Miraflores (Oleiros), IES Terra de Transancos (Narón), Ies de Ortigueira, IES Sofia Casanova (Ferrol), IES As Mariñas (Betanzos), IES David Buján (Cambre), IES Rego de Trabe (Culleredo) e IES Agra do Orzán, IES Menéndez Pidal e Escolapios (A Coruña) que repiten ano tras ano. 

Falamos do futuro das tecnoloxías TIC para poñelas ao servizo das persoas. Non hai sociedade que avance se vai deixando a xente atrás“, manifestou Inés Rey, alcaldesa de A Coruña, ben fachendosa dun proxecto que implica a distintos axentes da provincia e que naceu da inquedanza de ASPACE Coruña. 

Para esta terceira edición, os estudantado terá que atopar unha solución TIC que lles permita desenvolver un xeolocalizador de prazas de discapacidade no termo municipal, a adaptación dun guiador en impresión 3-D para persoas con hemiparesia, un soprador de velas adaptado e unha botoneira, tamén axeitada, para o prendido-apagado dun ordenador.  “Tivemos a mala fortuna de que iniciamos o proxecto case que na pandemia porque a nosa vontade era que os rapaces e rapazas interaccionaran cos membros de Aspace  e aínda que mantivemos esa conexión online, ao fin, este ano, poderemos retomar ese contacto de fronte”, apunta Vidal. 

Outra das novidades desta terceira edición pasa pola implicación da Xunta para ampliar os Talentos Inclusivos a todos os centros de Ensinanza Secundaria de Galicia. A maiores, o traballo até agora altruísta e desinteresado dos mestres e mestras involucrados nun proxecto que lles consume moitas horas i esforzos, será recoñecido polo Goberno galego como mérito académico nas súas carreiras profesionais como docentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.