Un probiótico podería solucionar a reprodución do linguado de acuicultura

A cría en catividade orixina disfuncións nos machos, pero un estudo con microorganismos derivados do ácido láctico busca poñer fin a esta eiva

No último ano, un equipo do Instituto Español de Oceanografía (IEO) levou a cabo o proxecto PROBISOLE co obxectivo de investigar como a inxesta prolongada de probióticos pode optimizar o cultivo e reprodución do linguado senegalés, unha especie de elevado interese comercial na acuicultura nacional.

A hipótese de partida do proxecto apoiouse en estudos preliminares realizados no Centro Oceanográfico de Santander co pez cebra. Neles, o equipo puido recoller evidencias sobre o impacto positivo que a inxesta prologada de probióticos ten en parámetros reprodutivos.

Publicidade

En concreto, o linguado senegalés presenta unha disfunción reprodutiva nos machos nados e criados en catividade, polo que son incapaces de reproducirse de forma natural nas instalacións de acuicultura.

Ácido láctico

Para poder levar a cabo esta investigación foi necesaria a colaboración entre o persoal científico do IEO de Santander e de Murcia, así como con algúns investigadores das universidades de León e Deusto. O obxectivo era determinar o efecto que unha bacteria probiótica do ácido láctico pode ter no primeiro ano de vida dos exemplares de linguado.

Publicidade

A bacteria xa foi aprobada pola EFSA

Os probióticos poden definirse como microorganismos vivos que, inxeridos na cantidade axeitada, poden exercer efectos beneficiosos na saúde do individuo, neste caso, o linguado senegalés. Para esta investigación, o equipo utilizou unha cepa de Pediococcus acidilactici, aprobada para o su uso en acuicultura pola Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA).

Deste xeito, ao estar xa aprobado o seu uso, as conclusións poderían ser trasladadas directamente ás instalacións de produción do linguado, que segundo apuntan os científicos só en España suporía unha produción de máis de 1.000 toneladas.

Monitorización

Durante o desenvolvemento do proxecto, os investigadores combinaron experimentos baseados en bioloxía celular e molecular, histoloxía e biometría para obter as súas conclusións. En concreto, monitorizaron o desenvolvemento das gónadas nos exemplares alimentados co probiótico para comparalo co de outros alimentados con dietas estándar.

Por outra banda, os investigadores tamén prestaron especial atención ao estudo de xenes clave no desenvolvemento gonadal, crecemento, resposta inmune e metabolismo de hormonas esteroides.

Os resultados obtidos durante o proxecto foron presentados no Congreso Europeo de Acuicultura 2021, o principal evento científico enfocado neste sector en Europa. Ademais, o proxecto contou co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través do programa Pleamar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

As microfibras son o principal microplástico detectado en bivalvos mariños

Un estudo do IEO de Vigo sinala que as febras azuis son as máis frecuentes e alerta de que as de celulosa rexenerada poden ter riscos comparables aos das sintéticas

Detectan en Galicia dous novos rexistros de peixe bóla asociados á tropicalización do océano

Un estudo liderado polo Centro Oceanográfico de Vigo confirma a aparición de dúas especies pouco frecuentes nas augas do sur galego

Un estudo asocia o aumento da temperatura do mar coa expansión cara ao norte da desova da xarda

A investigación ofrece unha base científica para mellorar a avaliación das poboacións, identificar hábitats esenciais e tomar decisións na xestión pesqueira