Venres 19 Abril 2024

Tecnoloxía viguesa desde Cabo Cañaveral: a misión Alfa Crux está lista para o seu lanzamento

A empresa Alén Space participou no desenvolvemento dun satélite da Universidade de Brasília, que viaxará este venres ao espazo

Comeza a conta atrás para que o satélite Alfa Crux inicie o seu camiño cara ao espazo. O venres será unha data sinalada para a Universidad de Brasília, impulsora da misión, pero tamén para a emprega viguesa Alén Space, que participou no deseño da tecnoloxía e da capacitación técnica do satélite. O lanzamento, previsto para o venres ás 18,24 horas (horario español), producirase dende a base aérea de Cabo Cañaveral, nos Estados Unidos. Alfa Crux, que irá a bordo dun cohete Falcon 9 de SpaceX, compartirá o voo con outros 40 satélites que tamén teñen como obxectivo a órbita terrestre.

Alfa Crux, unha vez que xa estea no espazo, investigará e experimentará dentro do campo das comunicacións do Internet das Cousas, e tamén estudará os efectos do clima espacial nas comunicacións satelitais en latitudes ecuatoriais. Para que todo iso sexa posible, Alén Space tivo un papel crucial no desenvolvemento do satélite. A empresa viguesa proporcionou a tecnoloxía necesaria para que se leve a cabo a misión e tamén impartiu un programa de capacitación práctica ao equipo da Universidad de Brasílea encargado da misión completa.

Publicidade

O satélite da misión Alfa Crux.
O satélite da misión Alfa Crux.

A formación impartida por Alén Space incluíu a fase de deseño da misión, a operación do satélite e, tamén, a súa fabricación e integración dos subsistemas e de carga útil. Mais a parte formativa non remata aquí, posto que unha vez que Alfa Crux estea no espazo, a empresa viguesa explicaralles aos estudantes da Universidad de Brasília como preparar os test de operatividade da misión, así como a súa posterior operación en órbita.

Tecnoloxía viguesa

Amais disto, a tecnoloxía proporcionada por Alén Space inclúe unha plataforma 1U con todos os sistemas esenciais para unha misión de pequenos satélites e unha carga útil TOTEM, unha Radio Definida por Software (SDR) deseñada para misións de comunicacións. Anteriormente, a través da súa solución GS-Kit, Alén Space tamén facilitou ao equipo da misión Alfa Crux unha estación terrea para o seguimento e control do satélite, que xa foi instalada en Brasília.

“As anteriores colaboracións abríronnos as portas para seguir traballando nun país e unhas institucións moi implicadas en proxectos do New Space. Estamos moi contentos de poder achegar a nosa experiencia e tecnoloxía neste proxecto”, apuntou o director de tecnoloxía da compañía galega, Alberto González, en relación á colaboración coa Universidade de Brasília. De feito, as dúas entidades xa colaboraran, xunto coa Agencia Espacial Brasileña (AEB) no proxecto SERPENS. No que respecta á misión Alfa Crux, tamén recibe o soporte da Fundación de Apoio a Pesquisa do Distrito Federal.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O tempo estable e a fase escura da Lúa permitirán ver as Xemínidas nunha ocasión única en Galicia

É un dos fenómenos astronómicos máis esperados do ano. O seu máximo esplendor terá lugar na madrugada do 14 ao 15 de decembro

Primeiras imaxes de Deimos, a lúa máis misteriosa de Marte

Foi capturada pola Hope Mars Mission e a partir das capturas os expertos deduciron que o satélite puido formarse co planeta

Imaxes de satélite para detectar con rapidez mareas vermellas nas rías galegas

Investigadoras do CSIC deseñan unha nova metodoloxía con fotografías de Sentinel-2 para controlar as proliferacións de algas potencialmente nocivas

O primeiro propulsor espacial de nanosatélites español chega a órbita

Este eléctrico maximiza o tempo de vida dos dispositivos e ofrece control de orientación a nanosatélites. Foi lanzado o pasado outubro