Un estudo asocia o aumento da temperatura do mar coa expansión cara ao norte da desova da xarda

A investigación ofrece unha base científica para mellorar a avaliación das poboacións, identificar hábitats esenciais e tomar decisións na xestión pesqueira

As áreas de desova da xarda (Scomber scombrus) estanse a expandir cara ao norte. Así o revela unha tese desenvolvida na sede viguesa do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC), que relaciona este fenómeno co aumento da temperatura do mar e con modificacións nos procesos oceanográficos. O traballo analiza en profundidade a dinámica reprodutiva dunha especie de grande importancia ecolóxica e socioeconómica en Europa e ofrece unha visión integral de como se distribúe, se reproduce e responde aos cambios ambientais e á presión pesqueira nun escenario de cambio climático.

Ademais desta expansión recente das zonas de posta cara a latitudes máis ao norte, a investigación confirma a importancia histórica do mar Cantábrico como área de reprodución. Tamén identifica rangos ambientais preferentes de temperatura, salinidade e profundidade do fondo mariño nos que se distribúen os ovos de xarda, que poñen de manifesto a súa capacidade de resiliencia reprodutiva fronte á variabilidade ambiental.

Publicidade

Hábitats de reprodución

“O uso da abundancia de ovos de xarda permitiu caracterizar con maior precisión os hábitats de reprodución e revelar interaccións non lineais entre factores ambientais, xeográficos e poboacionais, o que subliña a importancia de integrar estes compoñentes para comprender a dinámica reprodutiva”, sinala Gersom Costas, científico do Centro Oceanográfico de Vigo e autor da tese.

A investigación baséase en máis de tres décadas de datos procedentes das campañas internacionais trienais de ictioplancton realizadas no Atlántico nororiental, coordinadas polo grupo de traballo WGMEGS do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES, polas súas siglas en inglés), nas que participa o IEO. A tese adopta un enfoque multidisciplinar, que combina análises descritivas, avaliación espacial e modelización espaciotemporal, integrando información biolóxica con variables oceanográficas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que revelan 11.000 anos de sedimentos sobre as chuvias de Galicia? Así o investigan dende a UDC

Un estudo liderado polo CICA analiza as ceras vexetais preservadas nun lago portugués para reconstruír a evolución da humidade no oeste peninsular

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas