O CITIC capta 1,7 millóns para transición ecolóxica e tecnoloxías intelixentes

Dez propostas do centro, na súa maioría da área de Intelixencia Artificial, conseguiron financiamento a través do Ministerio de Ciencia e Innovación

O CITIC da UDC captou fondos por valor de 1,7 millóns de euros a través de dúas convocatorias de proxectos orientados á transición ecolóxica e dixital e a innovación do Plan Estatal de Investigación Científica 2021-2023. Concretamente, foron dez os proxectos seleccionados, na súa maioría parte pertencentes á area de Intelixencia Artificial, que abordarán solucións tecnolóxicas para mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras, o diagnóstico de enfermidades e o tratamento de pacientes ou algoritmos de selección de características verdes, entre outras.

Así, nove iniciativas do CITIC resultaron beneficiarias da convocatoria de Proxectos Orientados á Transición Ecolóxica e a Transición Dixital, que ten como finalidade fomentar as actividades de I+D+i para incrementar a competitividade e o liderado internacional da ciencia e a tecnoloxía a través da xeración de coñecemento científico mediante unha investigación de calidade. Os proxectos seleccionados foron:

Publicidade

  • Arquitectura Lakehouse na Nube como Facilitador da Dixitalización. IPs Juan Touriño Domínguez e Guillermo López Taboada.
  • PLAGEMIS (PLAtform for the GEneration of Mobility Information Systems). IPs: Neves R. Brisaboa e Miguel Rodríguez Luaces.
  • Sistema de Alta Seguridade Baseado en Blockchain para a Xestión Privada de Datos de Pacientes de Servizos de Saúde Dixitais. IP: Tiago Manuel Fernández Caramés.
  • Calidade de vida para persoas coidadoras a través dunha solución tecnolóxica centrada na persoa. IPs: Betania Groba González e Laura Neto Riveiro.
  • Detección integrada de vídeo e radar para o posicionamento en interiores de persoas sen dispositivos e con garantía de privacidade baseada en edge AI. IPs: Carlos J. Escudeiro Cascón e Luís Castedo Rivas.
  • Algoritmos de selección de características verdes e rápidos. IP: Verónica Bolón Canedo.
  • Titor de programación intelixente mediante robótica simulada. IPs: Francisco Belas Bouza e Óscar Fontenla Romeu.
  • Diagnóstico dixital: Transformación da detección de enfermidades neurovasculares e do tratamento dos pacientes. IPs: Marcos Ortega Hortas e Jorge Novo.
  • Behavior-Based Continuous Authentication Technology as a Service. IPs: Carlos Dafonte Vázquez e Francisco Javier Nova Manuel.

Tecnoloxías intelixentes en oftalmoloxía

Pola súa banda, na convocatoria de proxectos Proba de Concepto, tamén do Plan Estatal de Investigación, Científica e de Innovación, resultou beneficiario o proxecto de Marcos Ortega sobre Melloras no diagnóstico e investigación clínica mediante tecnoloxías intelixentes aplicadas a imaxe oftalmológica. A investigación, que parte dos resultados dun proxecto de I+D anterior RTI2018-95894 que finaliza este ano, desenvolveu e validou metodoloxías para o diagnóstico e caracterización de patoloxías maculares baseadas na análise automática de imaxes multimodales, principalmente retinografía, OCT e OCT-A.

Precisamente, estes métodos son obxecto agora da Proba de Concepto coa fin de transferilos ao mercado e a sociedade nunha forma idónea de uso. Así mesmo, permitirá integrar no Sistema de Saúde unha ferramenta informática de diagnóstico precoz de patoloxía ocular, mellorando a calidade de vida dos pacientes e aforrando custes no seu tratamento e seguimento.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que revelan 11.000 anos de sedimentos sobre as chuvias de Galicia? Así o investigan dende a UDC

Un estudo liderado polo CICA analiza as ceras vexetais preservadas nun lago portugués para reconstruír a evolución da humidade no oeste peninsular

Laura Castro, Premio Nacional de Investigación: “A eólica mariña podería facernos enerxeticamente independentes”

A catedrática da UDC participa tres proxectos sobre enerxías renovables e defende o potencial de Galicia para desenvolver sistemas flotantes no mar

A investigadora da UDC Itziar Sobrino acada unha Starting Grant para investigar en dereito ambiental

A galardoada estudará as causas polas que determinadas obrigas se aplican de maneira efectiva mentres que outras se debilitan ou se aplican parcialmente

Ten sentido fixarnos no pasado para conservar o lobo?

A súa distribución presente e futura verase condicionada pola densidade das presas silvestres máis que pola do gando. Por Alejandro Martínez Abraín (UDC) e Daniel Oro