Identificado un novo marcador para o seguimento do lupus

Investigadores do CSIC analizaron a expresión dunha proteína relacionada coa aparición desta enfermidade autoinmune

Un equipo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) identificou un novo biomarcador para o seguimento do lupus, unha enfermidade autoinmune, que podería axudar á identificación de pacientes sintomáticos e pre-sintomáticos.

Os investigadores estudaron a expresión dunha proteína chamada Helios, que, cando se atopa en baixos niveis no interior dos linfocitos, podería indicar a presenza de lupus. Agora, o equipo do CSIC analizou a expresión de Helios en diferentes tipos celulares de modelos animais e identificaron diversos marcadores diagnósticos que describen parámetros da enfermidade. O estudo foi publicado na revista Frontiers in Immunology.

Publicidade

A investigación desenvolvida identifica os niveis de Helios como un novo marcador da aparición da enfermidade e propón novos criterios útiles para a identificación de pacientes pre-sintomáticos e enfermos de lupus, algo que podería ser extrapolable a outras enfermidades autoinmunes.

Desregulación do sistema inmunitario

Nas enfermidades autoinmunes como o lupus ocasiónase unha desregulación do sistema inmunitario, que produce anticorpos contra o organismo, o que causa a sintomatoloxía e enfermidade. As células do sistema inmune que deixan de funcionar adecuadamente son linfocitos de diversos tipos e é importante coñecer mellor o seu funcionamento para entender a patoloxía.

Publicidade

Domingo F. Barber, investigador do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB-CSIC), explica: “En investigacións previas cos nosos modelos de rato de lupus viramos un exceso de activación de linfocitos T CD4 (a poboación maioritaria de células T circulantes) como consecuencia da progresión da enfermidade autoinmune. Este proceso era unha das causas do empeoramento dos síntomas da enfermidade (como o aumento dos anticorpos autorreactivos, a inflamación da rede de capilares dos riles e a formación de inmunocomplexos no ril).

Ademais, outros grupos observaron que outra das causas da progresión da patoloxía son os fallos nunha subpoblación de células T CD4, as chamadas reguladoras. Pero agora vimos que son as células T CD8 reguladoras, unha poboación minoritaria, as que xogan un papel fundamental no control do desenvolvemento do lupus en modelos animais da enfermidade”.

“Os baixos niveis de Helios impiden que os linfocitos T CD8 sexan capaces de eliminar aos CD4, eses proliferan e aumentan os autocorpos autorreactivos”

Andrés París-Muñoz, investigador do CNB-CSIC e primeiro autor do traballo

Andrés París-Muñoz, primeiro autor do traballo e investigador do CNB-CSIC, pon de relevo a súa investigación. “Na enfermidade de lupus, os linfocitos T CD4 reguladores pórtanse de diferentes maneiras, o seu número pode aumentar ou diminuír, pero os niveis de linfocitos T CD8 reguladores sempre diminúen, case ata desaparecer, hai consistencia nos diferentes modelos estudados. E esta consistencia débese á baixa expresión de Helios nos cultivos celulares que modelan a enfermidade” expón o investigador. “A nosa hipótese é que os baixos niveis de Helios impiden que os linfocitos T CD8 sexan capaces de eliminar aos CD4, eses proliferan e aumentan os anticorpos autorreactivos.”

Aínda que este traballo non identifica o mecanismo molecular que regula os niveis de Helios nas células CD8, en experimentos in vitro, os autores observaron como as células dendríticas (outros compoñentes do sistema inmune implicado na coordinación das células T) aumentan a expresión de Helios en co-cultivos con linfocitos CD8 de ratos sans. En cambio, nos modelos de células de ratos enfermos de lupus, as células dendríticas non son capaces de provocar a expresión de Helios no poucos CD8 que quedan.


Referencia: Helios Expression Is Downregulated on CD8+ Treg in Two Mouse Models of Lupus During Disease Progression (Publicado en Frontiers in Immunology)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Blanca Landa, experta en covid das plantas: “Adestramos cans que xa detectan vexetais infectados”

A investigadora do CSIC coordina un proxecto europeo para mitigar o impacto de 'Xylella fastidiosa', unha bacteria capaz de afectar máis de 700 especies

Un novo método predí a resistencia aos antibióticos da bacteria ‘Helicobacter pylori’

O estudo do CSIC permite saber con antelación que tratamento será máis eficaz para cada paciente

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

Un estudo do CSIC descobre sinais de inflamación arterial no ADN despois dos 50 anos

Os investigadores identifican tamén células inmunitarias 'esgotadas' que poderían explicar por que a inchazón persiste na enfermidade denominada arterite de células xigantes