Unha nova inmunoterapia contra o mieloma múltiple é máis efectiva que a CAR-T

Aínda que os pacientes sobreviven agora máis tempo, trátase dunha enfermidade na que unha proporción importante de pacientes recae

A inmunoterapia está a mellorar desde hai anos as opcións de tratamento en moitos cancros, pero os grupos de investigación seguen explorando formas de potenciar o sistema inmunitario do organismo e dirixilo contra o tumor.

Investigadores do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) e o Hospital Universitario 12 de Outubro desenvolveron un novo procedemento contra o mieloma múltiple que demostrou, no laboratorio, ser máis efectivo que a que se emprega agora de maneira preferente no tratamento deste tumor, o segundo cancro hematolóxico máis común en adultos, só por detrás dos linfomas.

Publicidade

Baseada nas chamadas células puñal, polo seu acrónimo en inglés, células STAb, foi probada só en modelos experimentais, polo que aínda debe superar ensaios clínicos (en humanos) e, por tanto, pasarán polo menos dous anos antes de que chegue á clínica.

O traballo, coordinado por Luis Álvarez-Vallina, xefe da Unidade de Investigación Clínica en Inmunoterapia do Cancro H12Ou-CNIO, publícase na revista Science Translational Medicine.

Publicidade

“Nos últimos anos estes cancros están a empezarse a tratar con inmunoterapia de células CAR-T, que supuxo unha mellora substancial respecto ás ferramentas terapéuticas que existían antes”, explica Álvarez-Vallina.

“A pesar diso, e aínda que os pacientes sobreviven agora máis tempo, trátase dunha enfermidade na que unha proporción importante de pacientes recae, e son necesarios tratamentos para as recaídas”, engade.

Evolución da CAR-T convencional

O tratamento con células CAR-T consiste en modificar no laboratorio as células inmunitarias linfocitos T (os glóbulos brancos) da persoa enferma para que sexan capaces de recoñecer e combater as células tumorais. O novo estudo compara esta coa inmunoterapia baseada en células puñal ou STAb-T no mieloma múltiple.

As células puñal ou STAb-T poden considerarse unha evolución das células CAR-T. En ambos os casos as células modificadas no laboratorio recoñecen un mesmo antíxeno, chamado BCMA, que só está presente nas células tumorais, de forma que se dirixen e atacan exclusivamente ás células de cancro.

Pero as STAb-T teñen algunhas vantaxes. Os resultados indican que superan ás CAR-T xa que logran recrutar a outras células T do organismo que non foron modificadas, para que tamén combatan ás células canceríxenas. Se amplifica así o efecto da terapia.

Ademais, as STAb-T salvan un obstáculo que en cambio frea ás CAR-T. Nalgúns pacientes con mieloma múltiple o antíxeno BCMA –que identifica as células tumorales– atópase en forma soluble cando hai moita carga tumoral. Sucede que o feito de que o antígeno sexa soluble impide a actividade das células CAR-T, pero non afecta ás STAb-T, segundo mostra a recente investigación.

Memoria inmunitaria

Segundo asegura Álvarez-Vallina, “tamén demostramos que as células STAb-T xeran memoria inmunitaria”. Tras recrear a enfermidade nos animais modelo e tratarlles con células puñal, o equipo obtivo células de diversos órganos, fundamentalmente bazo e medula ósea, e observaron a xeración de células STAb-T de memoria.

“Sabemos que a persistencia das células CAR-T no organismo, é dicir a memoria inmunitaria, relaciónase coa amplitude do efecto antitumoral e, por tanto, cun mellor control da enfermidade. Que demostrásemos que na inmunoterapia STAb-T tamén se xeran células memoria probablemente indica que poderiamos ter un control a longo prazo da enfermidade nos pacientes tratados”, continúa.

O grupo de investigación aspira a facer un ensaio clínico en colaboración co Hospital Universitario 12 de Outubro para tratar a persoas con mieloma múltiple con esta nova inmunoterapia STAb-T. Polo momento, xa hai unha inmunoterapia con células puñal STAb-T en ensaio en pacientes con leucemia linfoblástica aguda de células B.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

María Mayán capta 100.000 euros para impulsar unha nova inmunoterapia contra o cancro de mama

A investigadora do Cinbio recibe unha Bolsa FERO para desenvolver un proxecto sobre as terapias celulares CAR-NK, moi prometedoras en medicina personalizada

Unha nova tecnoloxía galega predí a resposta ao tratamento contra o cancro de pulmón avanzado

O proxecto do IISGS anticipa cunha análise de sangue se o paciente cun dos tumores máis frecuentes se beneficiará da inmunoterapia

África González: “Deseñamos unha nova terapia CAR-T contra os cancros de páncreas e estómago”

A catedrática da UVigo acaba de ser galardoada co Premio María Josefa Wonenburger polas súas contribucións ao eido da inmunoloxía

Que son as CAR-T, as terapias que ofrecen unha esperanza a 250 galegos

O innovador tratamento modifica xeneticamente os linfocitos T e os devolve ao corpo de forma que poidan loitar contra varios tipos de cancro e enfermidades raras