Nova estratexia con células CAR T para tratar o cancro de ósos máis común

Un equipo demostrou in vitro e in vivo unha nova estratexia terapéutica para facer fronte ao osteosarcoma, que afecta a nenos e adolescentes

Un equipo do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) investigou unha posible nova estratexia terapéutica baseada no uso de células CAR T para tratar o osteosarcoma, o tipo máis común de cancro de ósos que normalmente afecta a nenos e adolescentes. O artigo que recolle as conclusións foi publicado na revista Cancer Immunology Immunotherapy.

A inmunoterapia con células T receptoras de antíxenos quiméricos, un tipo de terapia celular que utiliza as denominadas células CAR T, cambiou nos últimos anos o tratamento do cancro hematolóxico, pero aínda segue sendo un reto para os tumores sólidos, incluídos os sarcomas pediátricos. A estratexia con células CAR T baséase nunha modificación xénica dos linfocitos T, células do sistema inmunitario, para que ataquen con máis éxito as células tumorais.

Publicidade

Grazas a estudos in vitro —realizados en laboratorio con modelos celulares— e in vivo —levados a cabo con modelos animais—, os investigadores do ISCIII confirmaron a eficacia dun novo sistema combinado que utiliza un anticorpo monoclonal (mAb) anti-B7-H3 como elemento intermedio que facilita un punto de ancoraxe do CAR T ao tumor. Este anticorpo está marcado con fluorescencia (FITC) e é este FITC o que é detectado polo CAR T. O sistema dobre permite mellorar a selección de antíxenos tumorais e controlar a actividade das células CAR T para que combatan as células do cancro.

Este tipo de terapia celular que utiliza as denominadas células CAR T cambiou nos últimos anos o tratamento do cancro hematolóxico, pero segue sendo un reto para os tumores sólidos

Os resultados sinalan que o mAb anti-B7-H3 é capaz de alcanzar o tumor e unirse a células do osteosarcoma que expresan B7-H3. Este ligando (molécula de sinalización) é unha proteína inhibidora do punto de control inmunitario. Ademais, está implicado na inhibición do sistema inmunitario para evitar a súa actividade antitumoral, polo que o anticorpo bloquea a actividade do B7H3 e, posteriormente, o CAR T elimina as células tumorais.

Publicidade

Os investigadores lograron que as células CAR T exerzan unha función específica antitumoral cando está presente o mAb anti-B7-H3-FITC, eliminando in vitro e in vivo as células do osteosarcoma.

A investigación está liderada por Laura Hidalgo e Javier García de Castro, da Unidade de Biotecnoloxía Celular do Instituto de Investigación de Eisnfermedades Raras (IIER) do ISCIII, que conta co respaldo de asociacións de pacientes.

En definitiva, este estudo mostra un efecto antitumoral in vitro e in vivo e suxire que o sistema dual mAb anti-B7-H3-FITC máis CAR T podería mostrarse efectivo para o tratamento de tumores sólidos, paso imprescindible antes de pensar en estudos clínicos con pacientes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade

Unha nova Unidade Mixta da USC impulsa terapias innovadoras en cancro e enfermidades inflamatorias

A colaboración con SunRock Biopharma integra grupos do CiMUS para validar candidatos terapéuticos en fases temperás