Un micromaterial libera nanopartículas que destrúen selectivamente células canceríxenas

Unha nova investigación da Universidade Autónoma de Barcelona desenvolveu gránulos que imitan o sistema endócrino humano

Un equipo coordinado polo profesor do Instituto de Biotecnoloxía e Biomedicina e do Departamento de Xenética e Microbioloxía da Universidade Autonóma de Barcelona (UAB) Antonio Villaverde, coa participación do Instituto de Investigación Sant Pau e o CIBER-BBN, desenvolveu micromateriais autocontidos, compostos unicamente de proteínas, capaces de entregar de forma prolongada no tempo o polipéptido que os compón.

A tecnoloxía utilizada para a fabricación destes gránulos, e que foi patentada polos investigadores, é relativamente simple e imita a organización dos gránulos secretores do sistema endócrino humano. Desde o punto de vista da estrutura química, implica a coordinación do zinc iónico con dominios ricos en histidina, un aminoácido esencial para os seres vivos e por tanto, non tóxico.

Publicidade

Os novos micromateriais están formados por unhas cadeas de aminoácidos denominadas polipéptidos, que son funcionais e están biodispoñibles en forma de nanopartículas para ser liberadas e dirixirse a tipos específicos de células cancerosas para a súa destrución selectiva.

O equipo de investigación analizou a estrutura molecular destes materiais así como a dinámica do proceso de secreción tanto in vitro como en animais. Nun modelo animal de cancro colorrectal CXCR4+, o sistema mostrou un alto rendemento trala administración subcutánea e observouse como as nanopartículas de proteína liberadas se acumulan nos tecidos tumorais dos ratos. “É importante destacar que dita acumulación é máis eficaz que cando a proteína se administra no torrente sanguíneo. Este feito ofrece unha nova e inesperada forma de garantir altos niveis locais de fármaco e unha mellor eficacia clínica, evitando réximes de administración intravenosa repetida”, explica Villaverde.

Publicidade

Segundo o investigador, “no contexto clínico, o uso destes materiais no tratamento do cancro colorrectal debería mellorar en gran medida a eficacia do fármaco e o confort do paciente, á vez que minimizaría os efectos secundarios non desexados”.

Na investigación, executada principalmente pola investigadora da UAB Julieta M. Sánchez, participaron investigadores do Departamento de Xenética e Microbiología da UAB, do Instituto de Biomedicina e Biotecnoloxía da UAB (IBB-UAB), así como o equipo de Oncoxénese e Fármacos Antitumorais liderado polo profesor Ramón Mangues do Instituto de Investigación Sant Pau.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así funciona a quiralidade, unha propiedade determinante para o deseño de medicamentos

O grupo de Nanomateriais Biomiméticos do CINBIO crea diminutas partículas de ouro para a diagnose e tratamento de enfermidades como o cancro

Canto máis pequeno, máis sensible: así axuda a nanomedicina galega a diagnosticar enfermidades

Persoal investigador do CINBIO aproveita as propiedades ópticas únicas das partículas de menor tamaño para aumentar a capacidade de detección dos biosensores

Científicas galegas participan no deseño dunha nova terapia contra o cancro de páncreas

O equipo de María de la Fuente creou nanopartículas para chegar ao tumor e impedir que se forme metástase
00:04:38

Combinar virus de plantas con nanopartículas para revolucionar a medicina

Un equipo do Cinbio e da Universidade de California crea sistemas híbridos para progresar no achado de novos tratamentos personalizados