Galicia lidera un estudo que personalizará a inmunoterapia en cancro de pulmón

O traballo empregará unha técnica non invasora que permite analizar o ADN e as células tumorais presentes no sangue dos pacientes

Galicia lidera un estudo internacional para mellorar a eficacia da inmunoterapia en pacientes con cancro de pulmón. O proxecto está dirixido lo doutor Ángel Díaz-Lagares, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e investigador da área de Cancro do Centro de Investigación Biomédica en Rede (CIBER). O traballo nomeado como Epilunar empregará a biopsia líquida, biomarcadores epixenéticos e a intelixencia artificial.

O cancro de pulmón é unha das principais causas de morte por esta patoloxía no mundo. A inmunoterapia supuxo un avance revolucionario para o tratamento desta enfermidade, pero non todos os pacientes responden de maneira eficaz a este tipo de terapia. O proxecto internacional liderado por Galicia busca solucionar este problema identificando con precisión, e de maneira non invasora, que pacientes beneficiaranse realmente deste tratamento, aumentando así a súa eficacia e reducindo efectos secundarios innecesarios.

Publicidade

Para iso, empregarase a biopsia líquida, unha técnica non invasora que permite analizar o ADN e as células tumorais presentes no sangue dos pacientes. Co apoio da intelixencia artificial, os investigadores poderán detectar en sangue os biomarcadores epixenéticos clave para predicir a resposta dos pacientes con cancro de pulmón á inmunoterapia.

250 pacientes en España

O doutor Ángel Díaz-Lagares. Foto: IDIS

No estudo analizaranse mostras de sangue duns 250 pacientes con cancro de pulmón non microcítico avanzado, recrutados en catro hospitais españois: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), Clínica Universidade de Navarra (CUN), Hospital Xeral de Valencia (HGUV) e Hospital Universitario 12 de Octubre de Madrid.
“O obxectivo é descifrar as claves para optimizar a inmunoterapia no cancro de pulmón, facéndoa máis personalizada e efectiva, co fin de mellorar significativamente a calidade de vida dos pacientes”, afirma o doutor Díaz-Lagares.

Publicidade

“Desexo mostrar o meu máis sincero agradecemento ao Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII) e á Asociación Española Contra o Cancro. Por suposto, aos pacientes e aos seus familiares e a todas aquelas persoas e institucións que co seu compromiso e xenerosidade fan posible que podamos levar a cabo o proxecto. Isto permite que poidamos avanzar cara a un uso máis personalizado e eficaz da inmunoterapia no cancro de pulmón”, expresa Díaz-Lagares. O doutor tamén é investigador da Unidade de Epixenómica e do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (ONCOMET) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS).

O proxecto Epilunar foi financiado con preto de 1,2 millóns de euros, a través do apoio europeo TRANSCAN 3 – JTC 2023, que conta coa participación de varios organismos financieiros internacionais e nacionais, entre os que se atopan a Asociación Española Contra o Cancro e o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla