Un equipo da USC deseña unha nova estratexia de inmunoterapia contra o cancro

O estudo abre unha nova vía para reactivar o sistema inmunitario e devolverlle a súa efectividade na loita contra os tumores

Un paso máis na loita contra o cancro e, esta vez, con selo galego. Investigadores do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) abren unha nova vía inmuno-terapéutica para a loita contra o cancro. O estudo demostra que o bloqueo de receptores A2B de adenosina permite reactivar o sistema inmunitario devolvéndolle a súa efectividade na loita fronte aos tumores.

A investigación, que acaban de publicarse na revista Journal for Immunotherapy of Cancer, estivo liderada por Eddy Sotelo, da USC, e por Andreas Lundqvist do Karolinska Institutet de Suecia. Tamén participaron no artigo científicos do Centro en Investigación de Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), da Facultade de Farmacia da USC e da Universidade de Uppsala de Suecia.

Publicidade

Bloqueo do efecto inmunosupresor

O traballo demostrou o notable efecto inmunosupresor que xoga o receptor A2B de adenosina no microambiente tumoral, así como os beneficios derivados do seu bloqueo no contexto da inmunoterapia do cancro. O tratamento cos novos fármacos reduce a supresión das células do sistema inmunolóxico no microambiente tumoral e incrementa a infiltración dos linfocitos no tecido, cunha importante remisión do tumor.

Novos fármacos contra o cancro

O traballo tamén desvelou o potente efecto anticanceríxeno de dúas familias de fármacos desenvolvidos na USC, o que abre a porta a tratamentos innovadores. A inmunoterapia do cancro, baseada na reactivación do sistema inmunitario do paciente para combater a enfermidade, constitúe unha das estratexias terapéuticas máis efectivas e disruptivas.

Publicidade

Para neutralizar o bloqueo do sistema inmunitario inducido polas células canceríxenas, utilízanse anticorpos monoclonais, proteínas artificiais que actúan como anticorpos humanos, que teñen unha complexa produción e custos elevados, o que dificulta o seu uso extensivo. Neste sentido, o desenvolvemento de fármacos capaces de actuar como estes anticorpos constitúe unha estratexia nova que abre a porta a tratamentos innovadores e combinacións sinérxicas.

Alianza de equipos da USC e colaboración internacional

O estudo levouse a cabo por varios equipos a nivel mundial. Liderado polo investigador do CiQUS, Eddy Sotelo, para este proxecto uníronse investigadores da USC de diferentes centros: do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), desde o grupo BioFarma que dirixe Mabel Loza; e da Facultade de Farmacia da USC (Xerardo García Mera e Eddy Sotelo). Ademais, a alianza tamén contou con investigadores do Karolinska Institutet, da Universidade de Uppsala e da Universidade Tecnolóxica de Singapur.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos

Un centro da USC lidera unha rede europea arredor dos mecanismos xénicos das enfermidades humanas

O proxecto DECODES, coordinado polo CiMUS, contará con 4,5 millóns de euros e formará 15 investigadores predoutorais para estudar o papel do ‘splicing’

O CiQUS desenvolve materiais orgánicos porosos semicondutores sen necesidade de dopantes

O traballo, froito da colaboración entre tres grupos de investigación, permite incorporar portadores de carga directamente na estrutura, preservando as súas propiedades cristalinas

Un proxecto galego propón usar nanopartículas inocuas en inmunoterapias celulares

A iniciativa Nano-ARN, liderada pola investigadora da USC María José Alonso, busca comercializar a través dunha 'spin-off' un reactivo con alta capacidade de integración do ARN