Este é Teodoro, o primeiro cordeiro modificado xeneticamente en España

O animal servirá como modelo para entender a fecundación na especie humana e estudar fallos reprodutivos en animais de granxa

Un equipo do Departamento de Reprodución Animal do Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agraria e Alimentaria (INIA-CSIC) xeraron o primeiro cordeiro modificado xeneticamente en España. O animal, chamado Teodoro, contén unha mutación nun xene potencialmente implicado na fecundación. Servirá para estudar fallos reprodutivos en animais de granxa e como modelo para entender a fecundación na especie humana.

“Os modelos animais modificados xeneticamente son esenciais para avanzar no coñecemento de calquera proceso biolóxico, incluíndo aqueles implicados na reprodución. Estes animais conteñen modificacións xenéticas dirixidas que eliminan ou modifican un xene específico e, por tanto, permiten coñecer de forma inequívoca a súa función nun proceso biolóxico”, destaca Pablo Bermejo-Álvarez, un dos investigadores que liderou o equipo de investigación xunto a Priscila Ramos-Ibeas e en colaboración co grupo de Julián Santiago Moreno.

Publicidade

Ata a irrupción da tecnoloxía CRISPR, a xeración destas modificacións xenéticas dirixidas realizábase fundamentalmente en ratos, xa que noutros mamíferos requiría de técnicas moi complexas e pouco eficientes. Por este motivo, a maior parte do coñecemento actual sobre a base molecular de distintos procesos biolóxicos procede de modelos de rato modificados xeneticamente. “Con todo, aínda que o rato xeralmente constitúe un bo modelo para estudar a fisioloxía e patoloxía humana, hai determinados procesos nos que existen diferenzas notables entre ratos e outros mamíferos e que por tanto non se poden estudar con ratos modificados xeneticamente”, sinala Ramos-Ibeas, investigadora que tamén liderou a investigación.

Tecnoloxía CRISPR

O grupo de investigación do INIA-CSIC aplica a tecnoloxía CRISPR para xerar este tipo de modificacións en embrións bovinos e ovinos producidos completamente in vitro para estudar a función de xenes implicados en distintos procesos de bioloxía do desenvolvemento. Ditos procesos pódense estudar in vitro sen ter que xerar animais modificados xeneticamente e por iso ata o de agora non transferiran os embrións para levar a cabo unha xestación a termo en ovellas. Con todo, dado que o estudo dos mecanismos de fecundación necesita da obtención de gametos de animais modificados xeneticamente, hai cinco meses (o período de xestación dunha ovella é de aproximadamente 147 días) realizáronse dúas transferencias de embrións modificados xeneticamente chegando unha das dúas xestacións a termo.

Publicidade

A mutación, que elimina a formación do produto do xene, foi xerada de forma dirixida mediante técnicas de microinxección de embrións xerados in vitro combinadas coa tecnoloxía CRISPR-Cas9, seguindo métodos similares aos empregados polo grupo para xerar os primeiros animais de granxa editados xeneticamente en España: uns coellos que non producían a proteína ZP4 e que serviron para descubrir o papel fundamental desta proteína para a protección do embrión durante o desenvolvemento preimplantacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

Blanca Landa, experta en covid das plantas: “Adestramos cans que xa detectan vexetais infectados”

A investigadora do CSIC coordina un proxecto europeo para mitigar o impacto de 'Xylella fastidiosa', unha bacteria capaz de afectar máis de 700 especies

Un novo método predí a resistencia aos antibióticos da bacteria ‘Helicobacter pylori’

O estudo do CSIC permite saber con antelación que tratamento será máis eficaz para cada paciente