Un acto vandálico enche de pintadas o león do Parque do Pasatempo de Betanzos

Desde hai case dous anos, cando colapsou un muro do Estanque da Gruta, un grupo de veciños de Betanzos decidiu actuar para frear o deterioro que sofre o Parque do Pasatempo. O colapso, que obrigou a valar a zona para impedir o tránsito de persoas e que o deterioro continuase, foi o impulso necesario para constituír a Asociación de Amigos do Pasatempo, unha entidade disposta a salvar o emblema que construíu a comezos do século XX Juan García Naveira.

O parque, unha homenaxe ao coñecemento científico, ao progreso e á imaxinación, que mestura estilos e historias, onde moitos ven constantes referencias á masonería, pero tamén á natureza ou á mitoloxía clásica, e unhas figuras inspiradas, en moitos detalles, na arte francesa do século XIX, segue desprotexido e a mercé do vandalismo e o abandono, tal e como denuncia a entidade a través das redes.

Publicidade

(Arrastra o cursor para ver o antes e o despois)


Nos últimos días, un novo acto vandálico puxo no foco a situación do parque. Na mañá do domingo, segundo conta Jose Souto, de Amigos do Pasatempo, un dos membros da asociación Brigantium, que participa nas visitas guiadas ao parque, atopou cheo de pintadas o león colosal situado na parte alta do parque. A entidade presentou xa unha denuncia ante a Policía para investigar os feitos.

Segundo explica Jose Souto, un dos problemas do Pasatempo, que se evidencia nos datos sufridos polo león, é “a falta de vixilancia e mantemento”, xa que os operarios municipais só acoden a abrir e pechar o recinto, pero é fácil acceder a el desde o exterior debido ao deterioro dos muros que vedan o acceso.

Publicidade

Esta ausencia no control de acceso ao Parque provoca tamén situacións perigosas para as estruturas máis deterioradas, como a illa do Estanque do Retiro, en risco de colapso, e que adoita ser un lugar de posado para fotografías que despois se difunden nas redes sociais.

Rehabilitación e novos achados

Despois das reiteradas denuncias de abandono, na primeira metade de 2018 anunciáronse traballos de rehabilitación do parque, nos que colaboran o Concello de Betanzos, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. En marzo retomouse tamén o proceso para declarar o parque como Ben de Interese Cultural. Porén, o Pasatempo segue á espera das obras. Só se acometeron tarefas de limpeza, algunhas delas realizadas polos voluntarios de Amigos do Pasatempo.

Precisamente, nunha destas xornadas de limpeza, no extremo norte do Pasatempo, os voluntarios descubriron un mosaico cuberto ata ese momento pola maleza, o lixo e a auga estancada. Na obra, seis liñas de pedras alaranxadas conflúen nun elemento central de pedra escura. En catro dos ocos do hexágono aparecen tamén catro patos con cadansúa cor alaranxada, gris, vermella e branca.

Mosaico atopado por voluntarios que limparon o Pasatempo. Fonte: Amigos do Pasatempo.
Mosaico atopado por voluntarios que limparon o Pasatempo. Fonte: Amigos do Pasatempo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Percepción do piropo entre a mocidade galega: só o 25% dos rapaces se sente mal cando o emite

Unha tese doutoral investiga a obxectivización do corpo das muller a través desta antiga práctica en 232 adolescentes de Pontevedra e Ourense

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe