Un clítoris en tres dimensións para a educación sexual

A empresa santiaguesa Imprenta 3D vén de presentar o prototipo de clítoris en tres dimensións. O responsable da empresa, o enxeñeiro Juan Callón, recibiu o encargo de Martina González, xerente do Centro de Sexoloxía “Con mucho gusto , tamén de Santiago, para imprimir un modelo deste órgano, co fin de empregalo en actividades didácticas.

A reprodución do clítoris a tamaño real baséase nos traballos da investigadora francesa Odille Fillod, que coa axuda da artista Marie Docher desenvolveu un modelo deste órgano. En Francia xa se está valorando empregalo para dar clases de educación sexual.

Os modelos creados pola empresa galega xa foron presentados por Martina González nas Nerd Nites, celebradas hai dúas semanas en Santiago de Compostela.

CLITORIS 3D from Marie Docher on Vimeo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia será a primeira comunidade en contar cun centro de radioterapia de precisión no prazo dun ano

O Centro de Protonterapia de Santiago poderá atender anualmente ata 250 pacientes con cancros de especial complexidade

Ciencia e cooperación para unha alimentación sostible: os resultados de Net4Food

A rede de colaboración entre Galicia e Norte de Portugal continuará a través do Iberian Food Lab
00:08:53

Net4Food, a alianza que conecta a innovación alimentaria de Galicia e Portugal

A I International FoodTec Conference é un paso máis para mellorar a transferencia de coñecemento entre grupos de investigación e entidades produtoras

A cidade onde se deseña o coche do futuro

A creación do World Car Center é unha aposta da Zona Franca que promove innovacións como o deseño de baterías, a conectividade e a autonomía