Un día estelar para a astronomía galega

A Coruña acollerá entre o 30 de abril e o 3 de maio de 2020 o 24º Congreso Estatal de Astronomía, segundo se deu a coñecer na edición celebrada en Cuenca esta pasada fin de semana. A candidatura coruñesa, encabezada pola Agrupación Astronómica Ío, resultou elixida na votación diante da localidade catalana de Figueres.

O proxecto conta co apoio e o aval das entidades locais e rexionais, como o Concello da Coruña, os Museos Científicos Coruñeses, o Consorcio de Turismo, a Deputación Provincial, a Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña (en cuxo Reitorado se celebrará o Congreso), ademais do patrocinio de empresas privadas.

Publicidade

A reunión terá lugar entre os días 30 de abril e 3 de maio de 2020

A reunión estatal de 2020 suporá un novo pulo para a divulgación científica na cidade e en toda Galicia, que xa conta con dous Destinos Starlight como Trevinca e as Illas Atlánticas. No congreso danse cita as asociacións astronómicas de toda España e centos de afeccionados a esta ciencia. O congreso, que leva máis de 40 anos celebrándose, ten por obxectivo dar a coñecer as experiencias e os avances en calquera campo da astronomía afeccionada, tanto no que se refire ás técnicas e procedementos de observación como á educación e divulgación da astronomía e as ciencias do espazo. Hai tamén lugar para os relatorios impartidos por persoas de prestixio mundial que dan conta de asuntos de especial actualidade e interese.

Premios para a astronomía galega

E ademais da gran noticia da escolla da Coruña para o congreso de 2020, houbo máis alegrías no encontro celebrado en Cuenca. Por primeira vez, a Federación de Asociaciones Astronómicas de España, co apoio da Sociedad Española de Astronomía, outorgou os Premios FAAE á Divulgación Astronómica 2018 que recoñecen o traballo de divulgación astronómica realizada por afeccionados e afeccionadas, buscando recompensar os esforzos excepcionais para involucrar á sociedade no coñecemento e observación do universo e a importancia na conservación do ceo escuro para a contemplación das estrellas como Patrimonio da Humanidade.

Publicidade

Na categoría masculina o premio foi para Martin Pawley, socio da ACC Ío, pola súa actividade de divulgación e sensibilización arredor da contaminación luminosa.

Por outra banda, entregáronse tamén os premios do concurso de Astrofotografía organizado ao abeiro do Congreso, e varios socios da asociación Ío foron recoñecidos. Alfredo Madrigal venceu nas categorías de Time-Lapse e Gran Campo e tamén recibiu premio ao mellor traballo do concurso. Tamén gañou César Blanco, 1º clasificado na categoría de Ceo Profundo. Óscar Blanco levou o 2º premio na categoría Gran Campo, e Ángel R. Arós foi recoñecido coma o 4º mellor do concurso xeral que valoraba fotografía e time-lapse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Unha nova campaña arqueolóxica da UDC indagará na historia dun edificio achado no Castro de Esmelle

A intervención está impulsada pola Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial e conta coa participación de nove persoas expertas en patrimonio galego

Que revelan 11.000 anos de sedimentos sobre as chuvias de Galicia? Así o investigan dende a UDC

Un estudo liderado polo CICA analiza as ceras vexetais preservadas nun lago portugués para reconstruír a evolución da humidade no oeste peninsular