Un cómic galego para descubrir a terra

O cómic 'Vivir en el suelo'.
O cómic ‘Vivir en el suelo’.

O solo é un recurso non renovable e fundamental para a vida no planeta Terra. As plantas, que están na base da cadea alimentaria, precisan do solo para asentarse e medrar. E son necesarios 200 anos para formar cada centímetro de sustrato. Incendios forestais, secas, riadas e a acción do home están a erosionar os solos e poñer en perigo a biodiversidade.
En 2015 conmemórase o Ano Internacional dos Solos co obxectivo de aumentar a concienciación e a comprensión sobre a importancia deste recurso non renovable para a seguridade alimentaria e as funcións esenciais dos ecosistemas. O CSIC abre esta conmemoración coa presentación do cómic ‘Vivir en el suelo‘, a versión en castelán dun cómic galego, editado no ano 2000 polo Consello da Cultura Galega. Agora, vanse distribuir 6.000 exemplares en toda España, mentres que o Concello de Santiago financiou a reedición doutros 2.000 en galego.
O cómic, que se concibe como un recurso didáctico e divulgativo, busca a través de 20 páxinas e 60 viñetas concienciar acerca da problemática ambiental do solo e a necesidade da súa protección. Diríxese tanto ao público infantil coma ao público xeral e ao alumnado de todos os niveis educativos.

O cómic divulgativo está dirixido tanto a escolares como a adultos

Na presentación de ‘Vivir en el suelo’ participaron, entre outros, o coordinador institucional do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, e a investigadora do CSIC e presidenta da Delegación da SECS en Galicia, Montserrat Díaz Raviña. En representación dos autores interviñeron a catedrática María Pilar Jiménez Aleixandre e Francisco Díaz Fierros, por parte do Consello da Cultura Galega.
O CSIC e a Sociedade Española da Ciencia do Chan (SECS) promoveron a reedición deste cómic, que se publica no marco de ‘Cidade Ciencia‘, un proxecto de divulgación científica posto en marcha polo CSIC e pola Obra Social “la Caixa” en colaboración con máis de 30 localidades de toda España para achegar a actualidade científica e técnica á sociedade. Os 6.000 exemplares distribuiranse entre os mozos dos municipios adscritos ao proxecto. Xa se pode descargar de forma gratuíta este material na web de Cidade Ciencia.

Publicidade

Descarga o cómic de xeito gratuito neste enlace

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

Blanca Landa, experta en covid das plantas: “Adestramos cans que xa detectan vexetais infectados”

A investigadora do CSIC coordina un proxecto europeo para mitigar o impacto de 'Xylella fastidiosa', unha bacteria capaz de afectar máis de 700 especies

Un novo método predí a resistencia aos antibióticos da bacteria ‘Helicobacter pylori’

O estudo do CSIC permite saber con antelación que tratamento será máis eficaz para cada paciente

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país