Solta de 150 lumbrigantes marcados na Reserva Mariña dos Miñarzos

Lumbricante
150 lumbrigantes foron liberados onte na Reserva Mariña de interese pesqueiro dos Miñarzos (Corcubión) como parte do Plan de Repoboación que ten por obxectivo principal estudar a supervivencia dos individuos liberados e avaliar se chegan a incorporarse ao stock da súa pesquería. A actividade do Plan de Repoboación de Galicia centrouse no cultivo, marcaxe, liberación e análise dos datos de recapturas de individuos de lumbrigante, Hommarus gammarus. Actualmente, os individuos liberados proceden do resultado da actividade docente do IGaFA, e dende o Centro de Investigacións Mariñas de Corón (CIMA), en Vilanova de Arousa, lévase a cabo tanto a marcaxe dos individuos como o seguimento e avaliación dos datos de solta e recaptura. Estes datos poderían achegar información imprescindible para o coñecemento da bioloxía desta especie. Agora, o éxito deste esforzo depende da colaboración dos pescadores enviando datos de capturas e de que as persoas que se achegan á ribeira respecten e non capturen exemplares desta especie. / Foto: O Canto da Balea.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que os peixes non teñen pelo?

Os peixes non teñen pelo porque evolucionaron na agua, onde as escamas e a pel lisa son máis útiles para moverse e sobrevivir. Por Antonio Figueras

O biólogo galego que percorre o mundo: 300 incribles imaxes da natureza en máis de 70 destinos

Gonzalo Mucientes publica 'El Naturalista Impaciente', un libro que condensa a súa paixón por viaxar con impactantes fotografías de fauna e flora de todo o globo

As dúas especies galegas de cabaliños de mar, en perigo: “Estamos esnaquizando o seu hábitat”

O declive dos 'Hippocampus' nas costas impulsa o proxecto Hippo-Dec, centrado en avaliar as súas poboacións e identificar zonas prioritarias de conservación

Un equipo da USC revela que o metabolismo non é consecuencia directa dos ritmos biolóxicos

Os achados abren novas perspectivas para o tratamento personalizado de trastornos como a síndrome metabólica ou as alteracións asociadas ao traballo por quendas