Os 'Space Invaders' toman a Estación Espacial Internacional

Space Invaders na Estación Espacial Internacional
Lembran aquel famoso videoxogo matamarcianos de arcade dos Space Invaders? Saíu ó mercado en 1978 da man do xaponés Toshihiro Nishikado e marcou toda unha época, até convertirse nun dos videoxogos máis famosos da historia e precursor neste campo. Agora, os invasores do espazo chegaron á Estación Espacial Internacional (EEI). Inspirado naquel videoxogo, un pequeno e colorido mosaico foi atopado na EEI polo astronauta Samantha Cristoforetti, da Axencia Espacial Europea (ESA). O artista francés coñecido popularmente como Invader estableceu a súa obra alieníxena en máis de 60 cidades de todo o mundo, incluíndo Roma, París, Nova York, Manchester, Hong Kong e Los Ángeles. En 2012 enviou un mosaico á estratosfera nun globo. Despois da invasión da órbita da Terra, estes invasores do espazo foron vistos non só na EEI, senón tamén nos establecementos da ESA en toda Europa. Os primeiros invasores foron vistos no centro de astronautas da ESA en Colonia, Alemaña. Máis mosaicos víronse no Centro Redu da ESA en Bélxica, onde os satélites son controlados e probados como parte da rede de estacións da ESA. Crese, segundo informa a propia axencia europea, que Invader organizará máis invasións e activará máis extraterrestres noutros puntos da ESA durante todo o ano. O progreso desta invasión pode seguirse en Twitter a través dos hashtag #space2iss e #SpaceInvader. De volta no espazo, Samantha está a planear unir forzas con estas formas de arte pixeladas para inspirar aos nenos das escolas primarias no uso da súa imaxinación para combinar a xeometría, as cores e as matemáticas no minimalismo abstracto. / Foto: ESA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Videoxogos de realidade virtual: esta é a terapia que mellora a capacidade física de pacientes oncolóxicos

Un equipo da UVigo e do IISGS apunta melloras relevantes na mobilidade, a forza e a resistencia dos once participantes

Alén Space lidera un proxecto europeo para detectar interferencias de radiofrecuencia dende o espazo

A empresa galega coordina a iniciativa financiada pola Axencia Espacial Europea que terá unha duración de 24 meses

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude

Entre mitoloxía celta e xornais locais: así se representa a Galicia nos videoxogos

Unha investigación do doutor Ramón Méndez González amosa como as producións 'The Waylanders' e 'TAPE' combinan elementos reais e fantásticos para recrear a tradición galega