Terremoto de magnitude 3,8 na escala Richter no sur de Galicia

Un forte sismo de magnitude 3,8 na escala de Richter tivo o seu epicentro na vila portuguesa de Melgaço este sábado ás 20.55 hora española. O terremoto sentiuse con intensidade no sur das provincias de Pontevedra e Ourense. En Ribadavia, algunhas testemuñas falan dun forte estrondo no subsolo,como unha especie de detonacion. O IGN, segundo os primeiros cálculos, sitúa o hipocentro a unha profundidade de 12 quilómetros.

É un dos sismos máis intensos sentidos nos últimos anos en Galicia, lonxe do movemento de 5,1 que fixo saír á rúa en maio de 1997 a milleiros de persoas, pero o deste sábado sentiuse claramente en localidades como Ribadavia, Crecente, A Cañiza ou Monção, e moitas testemuñas dan conta de que o percibiron en Lalín, Vigo, Vilagarcía de Arousa ou Pontevedra.

Publicidade

5 COMENTÁRIOS

  1. En Carballiño no hubo oscilación, pero si un temblor cómo cuando se cae algo muy, muy pesado al suelo. Me llamó la atención porque nada se movía y sentí una segunda vez, pasados segundos, lo mismo, pero de mucha más baja intensidad. Ahí pensé que podría ser lo que ahora confirmo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Terra está atravesando unha época de maior actividade sísmica?

Dous terremotos de gran magnitude sacudiron Venezuela o 24 de xuño, e despois seguiron outros en Xapón, Colombia, Indonesia e Granada

Alerta sísmica no teu móbil: así funciona o sistema de Google que avisa dos terremotos en segundos

Os teléfonos Android contan cun servizo de avisos por tremores tectónicos que se lanzou nos primeiros segundos dende o comezo do fenómeno que golpeou Venezuela

Tremor no Caribe

Dous terremotos sacoden Venezuela e deixan un balance catastrófico con 1.450 falecidos e 3.150 feridos. Por Laura Filloy

As ondas sísmicas do terremoto de Venezuela deron tres voltas e media á Terra

Os fenómenos, de magnitude 7,2 e 7,5, afectaron este 24 de xuño en forma de dobrete sísmico, cunha explicación xeolóxica coñecida