Crean unha pel artificial que se repara a si mesma

Científicos da Universidade Nacional de Australia inventan un material resistente e capaz de forma, con potenciais aplicacións biomédicas

Un futuro no que a medicina poida chegar a aplicar tecidos sintéticos para arranxar lesións en seres vivos está cada vez máis próximo. Un equipo de científicos da Universidade Nacional de Australia (ANU) publica na revista Advanced Materials un traballo no que describe a creación dun novo material xelatinoso que imita a tecidos biolóxicos como a pel, os ligamentos ou os ósos, e que conxuga resistencia, autorreparación e capacidade para cambiar de forma.

O composto é un hidroxel que pode abrir o camiño para o desenvolvemento dun novo tipo de implantes médicos, así como na creación de músculos artificiais para robots de nova xeración. Os hidroxeles, moi usados en diversas ramas da industria química, son materiais cunha elevada presenza de auga, e que forman parte de produtos cotiás, como as lentes de contacto.

Publicidade

“Coa formulación que desenvolvemos, este hidroxel pode repararse despois dunha lesión, do mesmo xeito que o fai a pel humana”, explica Luke Connal, investigador da Escola de Química da ANU. Unha das novidades deste composto, explica Connal, é que o dinamismo dos seus enlaces permítelle adquirir propiedades nunca antes acadadas. “Os hidroxeis adoitan ser débiles, pero o noso material é tan forte que podería levantar obxectos moi pesados e cambiar de forma, como fan os músculos humanos. Así, a súa capacidade de autoreparación convérteo “nun material ideal para a tecnoloxía wearable e diversos dispositivos biomédicos”, engade o investigador.

Estas propiedades conseguíronse a través dos enlaces ácido-éter de hidróxeno e enlaces imina. Un enfoque que usa produtos químicos sinxelos e escalables para producir unha rede de hidroxel dobremente dinámica, cunha alta absorción de auga, alta resistencia e tenacidade, excelente resistencia ao estrés, autocuración rápida e eficiente e a capacidade de mudar de forma dun xeito programable e moi rápido, segundo explican os artífices do achado.

Publicidade

Outro dos coautores do traballo, Zhen Jiang, apunta que a forma do hidroxel pode mudar a través da temperatura, permitíndoo actuar como un músculo artificial. “En moitos filmes de ciencia ficción xa vemos como algúns dos traballos máis complicados son realizados por humanoides. A nosa investigación dá un paso significativo para que isto sexa posible”, aventura Jiang.


Referencia: Tough, Self‐Healing Hydrogels Capable of Ultrafast Shape Changing (Publicado en Advanced Materials).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

BioSpain pecha con máis de 1.900 asistentes e anuncia Barcelona como sede en 2027

A décimo terceira edición reuniu representantes de preto de 900 entidades de 32 países ao longo de tres días de congreso en Bilbao

Galicia exhibe a súa biotecnoloxía en BioSpain coa participación de máis dunha decena de organizacións

O ecosistema galego reúne en Bilbao empresas, universidades e centros de investigación, e pon o foco no crecemento dun sector que xa suma 162 compañías activas

BioSpain converte Bilbao no centro europeo do sector da biotecnoloxía

A feira, que conta cunha importante presenza galega, prevé bater o récord da última edición, que contou con 2.400 asistentes e máis de 1.000 entidades