AMSlab, a spin-off que se converteu nun dos grupos máis importantes de Europa en solucións analíticas

O grupo foi galardoado co Selo de Calidade nos Premios GCiencia Galicia Spin-off

AMSlab é un bo exemplo de como un pequeno proxecto nacido como spin-off na Universidade de Santiago (USC) pode chegar a converterse nun dos grupos máis importantes de Europa no ámbito das solucións analíticas. O poder da innovación e da investigación queda demostrado coa traxectoria dun proxecto empresarial que hoxe conta con 29 empregados e ten unha facturación próxima aos 5 millóns de euros. 

Os dous fundadores do grupo e hoxe xerentes do mesmo, Manuel Lolo e Sandra Pedreira, empezaron co proxecto nun pequeno despacho do CEI Nodus da USC, acompañados por outros dous investigadores e un único espectómetro de masas. O obxectivo inicial era ofrecer solucións analíticas rápidas, innovadoras e fiables ao sector farmacéutico. Porén, a crise que afectou a esta industria pouco despois obrigou a reorientar a estratexia e a empresa comezou a prestar servizos especializados en control de calidade —tanto físico como químico— no sector téxtil. 

Publicidade

Como indica o seu CEO, Manuel Lolo, dende os inicios os valores fundamentais da empresa foron a aposta polas persoas, a ciencia e a innovación como motor de desenvolvemento e base da súa identidade. Aos poucos a empresa foi consolidando o seu crecemento no sector téxtil e diversificando a súa actividade. Así, a mediados da pasada década ampliou a súa capacidade en bioloxía molecular coa creación de Xenotechs e tamén lanzou AMSvet para o sector veterinario.

Manuel Lolo, CEO de AMSlab

A partir de 2017 iniciou a súa expansión internacional e, en 2018, creou AMSbiopharma para ofrecer servizos analíticos ao sector farmacéutico e biotecnolóxico. En 2019 integrou CIFGA no grupo e en 2022 fundou Nexotech xunto con Nasasbiotech, ademais de vender AMSfashion a Bureau Veritas. Finalmente, entre 2023 e 2024 AMSlab adquiriu unha nova sede de 5.000 m² en Lugo para unificar as súas operacións.

Publicidade

Entre os principais proxectos nos que están a traballar e investigar actualmente as diversas empresas do grupo atopanse o desenvolvemento de novos patróns químicos para mellorar a saúde humana e ambiental (Cifga); os novos servizos de caracterización estructural para apoio ás industrias farmacéutica e biotecnolóxica (AMSbiopharma); os novos servizos de análise metabolómico para a investigación de biomarcadores con potencial clínico (Xenotechs); e os novos produtos e servizos no ámbito da biopsia líquida para o sector clínico e de investigación. 

Forte compromiso coa ciencia

O CEO de AMSlab destaca que o grupo mantivo dende os seus inicios un forte compromiso co desenvolvemento científico e tecnolóxico como ferramentas “para mellorar os procesos e desenvolver novos métodos analíticos máis rápidos, fiables e rendibles”. O grupo mantén diversos proxectos de innovación e desenvolvemento —propios ou en colaboración con outras entidades públicas e privadas— dirixidos a ofrecer novas solucións analíticas no eido do control de calidade e da detección e identificación de compostos.

Cara ao futuro, a estratexia 2026-2028 do grupo aposta por unha profunda evolución organizativa e estrutural que permitirá diversificar a actividade e reforzar a posición como laboratorio de referencia en diferentes sectores. Ao mesmo tempo, a compañía abrirase con máis forza ao ámbito da saúde a través de marcas como AMShealth. 

“AMSlab afronta os próximos anos cunha visión clara de crecemento, especialización e consolidación no mercado”, sinala Manuel Lolo. Polo que se puido comprobar nestes case 20 anos de existencia non cabe dúbida de que o grupo será quen de cumprir os seus obxectivos novamente. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos