De Manuel e María a Enzo e Noa: así mudaron os nomes dos bebés galegos

Como todos os anos por estas datas, o Instituto Galego de Estatística acaba de publicar as cifras cos 50 nomes máis utilizados para os nenos e as nenas nacidos en Galicia. As cifras de 2017 sinalan que os nomes máis repetidos foron Martín (362 veces) e Sofía (275). Alén disto, hai outros moi pouco habituais ata hai uns anos en Galicia que aparecen entre os máis utilizados polos proxenitores que tiveron fillos o pasado ano. Así, naceron aquí o pasado ano moitos Leo (187, e o 5º nome máis repetido), Enzo (175, o 6º), Izan (152, o 10º) ou Gael (145, 13º); e moitas Noa (250, 2º), Daniela (216, 3º), Martina (214, 4º) ou Vera (134, 10º).

As nenas

Segundo o IGE, estes son os nomes máis repetidos nas nenas galegas nacidas en 2017.

Publicidade

Os nenos

E estes son os datos no caso dos nenos:

Estes datos subliñan un notable cambio respecto ás últimas décadas. O IGE recolle tamén na súa base estatística os de home e muller máis habituais desde comezos do século XX:

Publicidade

Mulleres:

Nomes de muller en Galicia desde comezos do século XX. Fonte: IGE.
Homes:

Nomes de home en Galicia desde comezos do século XX. Fonte: IGE.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica