O galego Miguel López, premiado pola Sociedade Europea de Endocrinoloxía

O científico do CiMUS de Santiago recibiu o galardón Jens Sandahl Christiansen, na categoría de investigación básica

Miguel López Pérez, líder do grupo de investigación do CiMUS Neurobesity, vén de recibir o premio Jens Sandahl Christiansen que concede Sociedade Europea de Endocrinoloxíana categoría de investigación básica. O galardón, entregado no marco do Congreso Europeo de Endocrinoloxía celebrado esta semana en Lyon, recoñece a súa traxectoria profesional no campo da endocrinoloxía, como investigador menor de 45 anos que ten contribuído de xeito significativo ao avance do coñecemento neste campo.

Deste xeito, Miguel López engade outro mérito a unha ampla lista de premios recibidos nos últimos anos, entre os que destacan o European Journal of Endocrinology Prize, que outorga a Sociedade Europea de Endrocrinología; o Premio ao Mellor Novo investigador básico de Europa no campo da obesidade e o EASO Young Investigator Awards for Basic Science, sendo o primeiro científico español en recibir este último.

Publicidade

Miguel López, unha carreira investigando a obesidade

Miguel López recibe o premio en Lyon. Foto: CiMUS.
Miguel López recibe o premio en Lyon. Foto: CiMUS.

Miguel López, doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), realizou estudos posdoutorais na Universidade de Cambridge. A súa liña de traballo foi merecedora dunha axuda Starting Grant do European Research Council (ERC), a través da que estuda se determinados tipos de lípidos poden ser tóxicos e interferir cos mecanismos moleculares que regulan a inxesta de alimentos, así como co gasto enerxético no hipotálamo.

Nos últimos anos, o traballo do seu grupo permitiu demostrar que as hormonas tiroideas modulan o metabolismo das graxas no hipotálamo. Tamén conseguiron relacionar o consumo de nicotina coa perda de masa corporal (a través da proteína AMPK); tan só uns meses despois, o equipo de López no CiMUS logrou sinalar que unha proteína (BMP8B) xoga un papel fundamental na termoxénese, ou o que é o mesmo: a forma na que a graxa parda queima os lípidos.

Publicidade

Neste mesmo ámbito, o grupo Neurobesity estudou a relación entre a diabetes tipo 2 e a obesidade, descubrindo o mecanismo mediante o cal os estróxenos regulan o peso corporal. Este longo percorrido na comprensión da obesidade permitiu a Miguel López e o seu equipo alcanzar un novo fito, ao descubrir un novo mecanismo molecular que afecta o aumento de peso e á aparición de diabetes a través das ceramidas: unha familia de lípidos que forma parte das membranas celulares, e que tamén están implicadas en procesos de sinalización celular.

Máis recentemente, o grupo descubriu un novo mecanismo molecular que proba como o aumento da proteína GRP78 no hipotálamo consegue que ratas obesas adelgacen sen deixar para comer, á vez que melloran o seu status metabólico e reducen a diabetes tipo 2 asociada.

Unha proteína do hipotálamo podería reducir a obesidade e a diabete-2

No panorama nacional, outros galardóns obtidos ata a data por Miguel López foron o Premio Extraordinario de Doutoramento da USC en 2003, o Premio de Investigación da Academia Médico-Cirúrxica da Consellería de Sanidade en 2004 e o Premio de Investigación Básica en Obesidade da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición en 2006, así como o premio na modalidade Joven Talento en Investigación Biomédica da segunda edición dos premios ‘Constantes e Vitales, que concede 100.000 euros para o desenvolvemento das súas liñas de traballo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Un centro da USC lidera unha rede europea arredor dos mecanismos xénicos das enfermidades humanas

O proxecto DECODES, coordinado polo CiMUS, contará con 4,5 millóns de euros e formará 15 investigadores predoutorais para estudar o papel do ‘splicing’

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais

Un proxecto galego propón usar nanopartículas inocuas en inmunoterapias celulares

A iniciativa Nano-ARN, liderada pola investigadora da USC María José Alonso, busca comercializar a través dunha 'spin-off' un reactivo con alta capacidade de integración do ARN