Os galegos son dos máis escépticos cos horóscopos e a homeopatía

A enquisa de percepción social da ciencia, realizada pola Fecyt, aporta numerosos datos de interese sobre a visión que os galegos e o resto de comunidades autónomas do Estado teñen do coñecemento científico. E racha con moitos dos estereotipos “máxicos” creados sobre Galicia. Amais de desvelar que un de cada dez habitantes descoñece que a Terra xira arredor do Sol, a enquisa amosa que, con todo, os galegos son dos máis escépticos respecto á fiabilidade da homeopatía, os horóscopos, a numeroloxía, a acupuntura ou os fenómenos paranormais.

Só o 0,5 por cento, é dicir, un de cada douscentos galegos, cre que “sucede o que prognostican os horóscopos”. É a porcentaxe máis baixa de todo o Estado, na que a media está no 5,5 por cento. Do mesmo xeito, os galegos somos tamén máis escépticos que a media española no tocante á homeopatía. Aínda así, hai un 17,9 por cento que cre que esta pseudociencia é moi efectiva. É a sexta menor porcentaxe do Estado, lonxe da media española, que está nun 26 por cento. Se engadimos ás persoas que confían “algo” na homeopatía, a porcentaxe supera o 53 por cento, é dicir, máis da metade dos españois.

Publicidade

Táboa de porcentaxes sobre a opinión sobre pseudociencias, tirada da enquisa da Fecyt.
Táboa de porcentaxes sobre a opinión sobre pseudociencias, tirada da enquisa da Fecyt.

A poboación galega tamén é máis remisa que a doutras comunidades autónomas respecto a asuntos como a acupuntura ou a numeroloxía. Sobre o tratamento de doenzas con alfinetes, un 27,7 por cento dos galegos cre que funciona, fronte ao 34,1 por cento da media estatal. Na superstición dos números confía un 6,7 por cento dos habitantes do noso país, fronte ao 11,6 por cento da media española.

Os galegos tamén son máis escépticos que a media estatal respecto aos fenómenos paranormais e aos curandeiros, desmentindo os estereotipos unha vez máis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Bioenerxética, dianética, reiki… Guía das pseudoterapias psicolóxicas máis prexudiciais

A acupuntura e as constelacións familiares son algunhas das técnicas que carecen de apoio científico ou evidencia que garanta a súa eficacia e seguridade

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

Catro de cada dez galegos cren que os gobernos crean virus para controlar a súa liberdade

Tres de cada catro cidadáns confía na investigación científica, pero o número de escépticos aumenta en liña coa dinámica mundial

O programa de Maiores da UVigo retoma as charlas abertas en Vigo, Ourense e Pontevedra

O alumnado do programa cambia as aulas por cafetarías para compartir uns minutos ‘de ciencia e vida’