Sábado 7 Decembro 2024

As III Xornadas de Especies Invasoras conciencian sobre os seus perigos

Especies invasoras exóticas como o eucalipto, ou a mimosa (Acacia dealbata), plantas como as uñas de gato (Carpobrotus edulis) ou herbas como a Pampa (Cortadeira selloana), xa forman parte da paisaxe galega. Chegaron ao noso territorio de maneira accidental ou intencionada pero, a día de hoxe, supoñen un serio perigo para a conservación da diversidace biolóxica orixinal.

Concienciar sobre esta problemática foi o obxectivo da Delegación de Alumnos Lynn Margulis da Facultade de Bioloxía nas III Xornadas de Especies Invasoras. A iniciativa foi levada a cabo xunto ao cuarto proxecto de divulGATE: a falar apréndese falando, relatorios de divulgación cos que dar a coñecer os traballos científicos desenvoltos polos alumnos.

Publicidade

O presidente da delegación, Julio César Alonso, explica que “esta é unha actividade que facemos para que todos os estudantes, tanto do noso centro como do resto da Universidade, poidan coñecer máis de preto a problemática que supoñen as especies invasoras pois, pese a que moitas entran como plantas ornamentais, poden chegar a ser un verdadeiro problema”. Ao mesmo tempo, fai fincapé en que “o máis importante é que se coñeza o problema e que se saiba tratar, cando menos os que somos da Facultade de Bioloxía, xa que este é un tema totalmente do noso interese”.

As xornadas comezaron coa participación do decano do centro, Jesús M. Míguez Miramontes, que loou a inicitativa destas alumnas e alumnos e garantiu o apoio do decanato a unha actividade “que agardo teña moitas edicións”. Trala súa intervención, comezaron as charlas dos e das especialistas.

Publicidade

A invasión da avespa velutina foi un tema protagonista das xornadas

O primeiro en intervir foi o investigador do grupo de Ecoloxía e Evolución das plantas da propia Universidade, José María Sánchez, que afondou no caso de Oxalis pes-caprae, coñecida en Galicia co nome común de vinagreta ou pan de cuco, unha planta invasora presente en toda a comunidade, pero con especial presenza na zona costeira. “Procedente da rexión do Cabo, en Sudáfrica, esta especie estendeuse por diferentes partes do mundo como planta ornamental e, se ben no seu lugar de orixe nunca chega a ser dominante, aquí si o é”, explicou o investigador. A ecoloxía dos eucaliptais, os seus impactos e a integración ecolóxica en Galicia; a divulgación de plantas invasoras en Portugal ou como actuar despois da invasión foron outros dos temas que se trataron ao longo da mañá.

Ademais das plantas, este ano tamén se incluíu unha charla sobre a situación actual da invasión por avespa velutina en Europa, impartida pola investigadora do grupo de Ecoloxía Evolutiva e da Convervación, Sandra Rojas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un programa da Comisión Europea selecciona un proxecto galego para a creación de chips

O atlanTTic acollerá unha planta experimental para deseñar novas técnicas de encapsulado que se poidan implementar na industria

Un estudo galego revela o papel clave dos adultos na repoboación do percebe

O 90% dos ocos deixados nas rochas polos mariscadores inician a súa recuperación en menos de seis meses cando se deixan grandes exemplares

Un método matemático galego axuda a controlar os niveis de glicosa en diabéticos

O sistema desenvolvido polo CITMAga estase a aplicar para predicir o crecemento de tumores e optimizar terapias contra o cancro

O proxecto da UVigo que aposta pola pesca sostible do bonito a través da innovación

A iniciativa, liderada dende o País Vasco, promove prácticas pesqueiras responsables e respectuosas co medio ambiente