Físicos de Santiago estudan os 'ríos atmosféricos' que traen choiva a Galicia

Son masas de vapor de auga contidas na atmosfera, de varios quilómetros de longo e uns poucos centos de quilómetros de ancho, e que viaxan polo atlántico norte conectando as latitudes tropicais coa costa atlántica europea. Esta é unha hipotética definición dos ríos atmosféricos (RA), estruturas naturais de grande importancia para a climatoloxía xa que pola gran cantidade de humidade que transportan poden asociarse a precipitacións importantes.
O equipo dos investigadores do Grupo de Física Non Lineal Vicente Pérez Muñuzuri e Gonzalo Míguez Macho, nun artigo publicado na revista Chaos , propoñen unha forma novidosa de tratar os ríos atmosféricos e mostran como a propia estrutura dos RA así como a súa forma filamentosa tan característica poden explicarse mediante a descrición matemática das Estruturas Lagrangianas Coherentes, presentes na propia dinámica do vento e que se encargan de conter e transportar o vapor de auga. Estas estruturas permiten definir patróns de comportamento e serven como unha especie de andamiaxe temporal arredor do que un río atmosférico pode crecer e alongarse.

O estudo, en colaboración con MeteoGalicia, acadou gran impacto internacional

Os investigadores explican que as novas propostas que propoñen permitirán mellorar a definición existentes sobre os RA e por extensión “os sistemas de predición e alerta meteorolóxica reducindo danos materiais e o risco para as vidas das persoas durante os eventos de precipitación extrema”. Na actualidade, os investigadores traballan na descrición cuantitativa deste ríos de xeito que se poida establecer cun marxe mínimo de erro o seu impacto.
Vicente Pérez Muñuzuri e Gonzalo Míguez Macho colaboran dende hai un ano con MeteoGalicia na creación dun sistema de detección e predición de ríos atmosféricos que permita mellorar a calidade das alertas meteorolóxicas sobre Galicia. Este sistema atópase actualmente en fase de probas e forma parte dun proxecto financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade. Como explican os investigadores, o servizo meteorolóxico galego recibe puntualmente as predicións da chegada de ríos atmosféricos ás costas detectados dende os sistemas da. Na actualidade, iniciáronse conversas con outras axencias meteorolóxicas nacionais e portuguesas para presentarlles o produto.

Publicidade

O novo artigo dos investigadores da USC xa foi citado en Science Daily, e American Institute of Physics, recoñecendo o xeito novidoso de tratar estes sistemas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha dina ao oeste da península impulsa aire atlántico e provoca unha semana de inestabilidade en Galicia

A previsión apunta ceos nubrados, chuvias febles na fachada atlántica e temperaturas suaves. A influencia anticiclónica recuperarase de cara á fin de semana

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia

O virus da encefalite transmitida por carrachas chega a Galicia: un estudo detecta anticorpos en animais

Un equipo da USC confirma a circulación do patóxeno, considerado unha ameaza de saúde pública pola gravidade dos síntomas neurolóxicos que pode causar