O CSIC convoca a XI Edición do certame escolar Exper-i-Ciencia

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) mantén aberto ata o mes de xuño o prazo de solicitudes para que os centros de ensino das catro provincias galegas participen na XI edición de Exper-i-Ciencia CSIC, a súa actividade estrela en Galicia no ámbito da divulgación científica e que conta desde o ano 2012 coa colaboración da Fundación Barrié.

O obxectivo deste proxecto é achegar a ciencia á comunidade educativa mediante visitas de persoal científico-técnico aos propios centros de ensino. Con estes encontros búscase espertar a curiosidade e o interese pola ciencia dos máis novos, polo que os temas científicos son abordados dunha forma didáctica e divulgativa sen perder o rigor. Así mesmo foméntase o diálogo entre relator, estudantes e docentes, sobre o traballo científico, as vocacións temperás e as investigacións futuras. Nalgúns casos as visitas inclúen sinxelas experiencias participativas.

Publicidade

Foméntase o diálogo cos docentes para que logren transmitir o entusiamo pola ciencia ós alumnos

Exper-i-Ciencia CSIC articúlase ao redor de encontros científicos dunha hora de duración aproximadamente que teñen lugar nos propios centros de ensino. Os encontros, desde primaria a bacharelato, divídense en tres bloques: presentación e exposición dun tema científico acompañado, en ocasións, dunha sinxela experiencia; debate co alumnado e os docentes, despedida e entrega de obsequios. Na exposición do tema trátanse en ton divulgativo cuestións de interese xeral acerca das áreas de investigación que se desenvolven nos centros do CSIC en Galicia.

“Un dos principais valores deste proxecto é o de levar a investigación a localidades de tamaño medio e pequeno, nas que hai unha escasa ou nula oferta de actividades de divulgación científica. Os encontros, ademais de fomentar a aprendizaxe de contidos, buscan achegar aos profesionais da ciencia aos centros educativos para transmitir o seu entusiasmo pola investigación e espertar así, actitudes positivas cara á ciencia”, sinala Luisa Martínez, responsable da UCC do CSIC en Galicia.

Publicidade

Esta actividade cobre todos os niveis educativos desde infantil ata bacharelato, é gratuíta e pode ser solicitada por calquera centro de ensino galego. As solicitudes poden realizarse a través do correo electrónico mediante o formulario dispoñible na páxina web da Delegación do CSIC en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que sentían realmente ao escribir cartas hai 500 anos? Así o descifra a IA

Un proxecto do CSIC Galicia desenvolve modelos computacionais capaces de identificar e clasificar emocións en correspondencia histórica entre os séculos XVI e XVIII

Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana

Desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio optan a Palabra do Ano 2025

A iniciativa impulsada pola RAG e a Fundación Barrié inicia o seu período de votacións, que pechará o 21 de decembro ás 23:59 horas

A G-Night superará as 200 actividades na súa quinta edición

Vigo, Ourense e Pontevedra sumarán máis de 40 eventos que achegan a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, especialmente entre a mocidade