Os inspectores da Comisión Europea avalían en Vigo o proxecto Biocaps

O chipriota Costas Iacovou, director europeo de Fondos Estructurais e Investimento e director de Programas Europeos, Coordinación e Desenvolvemento; o portugués Joaquim Miguel Oliveira, membro do Grupo de investigación 3B da Universidade de Minho (PT); a alemá Judith Schäfer, responsable da Unidade de Investigación eTransferencia de Tecnoloxía do Instituto Alemán de Nutrición de Postdam (DiFe) e a estonia Ruth Sepper da Universidade de Tecnoloxía de Tallin. Estes son os e as integrantes do comité externo proposto pola Comisión Europea para avaliar a evolución do proxecto Biocaps ao longo dos seus tres anos de duración, 2013-2016, así como a súa influencia no conxunto do Instituto de Investigación Biomédica de Ourense-Pontevedra-Vigo, IBI, ao tempo que axudarán a trazar e establecer unha estratexia de futuro para o instituto.

Biocaps foi o proxecto estrela do instituto IBI, da Universidade de Vigo e o Sergas

“Hoxe e mañá, nunha primeira visita, estes catro avaliadores tomarán contacto co proxecto e coas institucións, visitarán as infraestruturas e coñecerán aos e ás responsables dos paquetes de traballo e ao persoal investigador contratado”, explica Elena Gil, xestora do proxecto, que avanza que a finais de xuño continuarán o seu traballo cunha xuntanza cos membros do comité externo de Biocaps, que se reúne anualmente para avaliar o proxecto, “ e será desta reunión de onde se obteñan as pautas a seguir polo instituto cara á consolidación como centro de excelencia”. A que hoxe comeza é a primeira avaliación á que se somete Biocaps, “que non era un proxecto de investigación, senón un programa para dar visibilidade e mellorar o IBI nalgúns aspectos, polo feito de estar nunha rexión periférica de Europa, pero xa considerado excelente en investigación por parte da Unión Europea”, lembra a coordinadora de Biocaps e catedrática da Universidade de Vigo, África González, en relación con este exame, que non é obrigatorio nesta convocatoria, aínda que se considerou necesario para poder establecer as estratexias de desenvolvemento do IBI.

Publicidade

O vindeiro 31 de xullo Biocaps finalizará sen posibilidade de prórroga ao non ser posible solicitar un proxecto destas características, xa que Galicia xa non está incluída como rexión de converxencia 1. Non obstante, África González considera que “o espírito de Biocaps debería continuar e para iso precisamos contar con financiamento estable. É moi importante dar continuidade aos nosos investigadores, á unidade de transferencia de tecnoloxía, ás liñas de investigación abertas, ás colaboracións establecidas, etc.”, para o que cómpre, asegura a catedrática, a implicación das autoridades. “Queremos seguir loitando pola investigación biomédica de calidade. Perdemos talento en Galicia e hai que facer unha aposta decidida pola estabilidade e continuidade das cousas que están a funcionar ben, e Biocaps foi unha delas”, afirma.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

África González: “Xa se notan os efectos dos antivacinas: o sarampelo volveu con forza”

A catedrática de Inmunoloxía da UVigo foi a primeira convidada de 'Ciencia en feminino', o ciclo de charlas de GCiencia e da Deputación de Pontevedra polo 8M
00:39:58

Ciencia en feminino. Entrevista con África González

A inmunóloga recibiu o Premio Wonenburger en 2025, o máximo recoñecemento en Galicia para as mulleres científicas

África González: “Deseñamos unha nova terapia CAR-T contra os cancros de páncreas e estómago”

A catedrática da UVigo acaba de ser galardoada co Premio María Josefa Wonenburger polas súas contribucións ao eido da inmunoloxía

A inmunóloga África González, premio Wonenburger 25

A Xunta outorga o galardón á catedrática da UVigo polo seu labor nas ciencias biomédicas e na nanomedicina