Alcanzar Alfa Centauri en 20 anos

Simulación da pequena sonda e a vela.
Simulación da pequena sonda e a vela.
Simulación da pequena sonda e a vela.
Simulación da pequena sonda e a vela.

Unha diminuta nave espacial duns poucos gramos viaxando ao 20% da velocidade da luz coa axuda dunha vela impulsada por un feixe luminoso. Destino: o sistema estelar Alfa Centauri. Duración da viaxe: 20 anos. Este é o obxectivo do proxecto Breakthrough Starshot no que se embarcaron o científico Stephen Hawking e o millonario ruso Yuri Milner, coa axuda do fundador de Facebook Mark Zuckerberg.

Coincidindo co 55 aniversario do primeiro voo tripulado ao espazo (o de Yuri Gagarin), esta semana foi presentado no One World Observatory de Nova York un proxecto non menos ambicioso: a primeira viaxe ao sistema estelar máis próximo ao Sol, Alfa Centauri, situado a uns 4,37 anos luz de distancia.

Publicidade

Este programa de enxeñería e investigación, orzado inicialmente en 100 millóns de dólares, pretende desenvolver unha nave espacial minúscula, unha sonda espacial robótica duns gramos equipada cunha ‘vela’ e utilizar un feixe luminoso para empuxala ao 20 % da velocidade da luz (a uns 215 millóns de km/h), segundo explica Stephen Hawking.

Para logralo haberá que solucionar multitude de retos tecnolóxicos, como os dispositivos de emisión de luz láser desde a Terra, a miniaturización dos computadores, cámaras e sistemas de comunicación das nanonaves, os mecanismos para evitar os impactos durante a viaxe, e o deseño dunha ‘vela’ de varios metros pero con só uns poucos átomos de grosor.

“Se temos éxito, unha misión de sobrevoo poderían alcanzar Alfa centauri uns 20 anos despois do seu lanzamento, e enviar imaxes de calquera planeta que se puidese descubrir neste sistema (de tres estrelas)”, engade o científico, quen lembra que coa tecnoloxía actual se tardaría en alcanzar ese obxectivo preto de 30.000 anos.

Albert Einstein unha vez imaxinou que cabalgaba nun raio de luz, e o seu experimento mental levouno á teoría da relatividade especial”, di Hawking. “Agora, un pouco máis dun século máis tarde, temos a oportunidade de conseguir unha fracción importante desa velocidade, e só deste xeito poderemos alcanzar as estrelas na escala de tempo dunha vida humana. É emocionante involucrarse nun proxecto tan ambicioso”, subliña o investigador.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.