Científicos da Coruña descobren un novo tipo de estrelas, ricas en fósforo

Minia Manteiga, Carlos Dafonte e Raúl Santoveña asinan un traballo xunto ao IAC de Canarias co que se podería explicar a evolución química do sistema solar

Científicos do do Centro de Investigacións TIC (CITIC) da Universidade da Coruña e do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) publicaron recentemente un traballo que describen o achado dun ovo tipo de estrelas ricas en fósforo, un dato que podería axudar a explicar a orixe deste elemento químico na nosa galaxia e a súa posible relación co xurdimento da vida na Terra. Na investigación participan a catedrática de Astrofísica da UDC Minia Manteiga xunto aos enxeñeiros informático Carlos Dafonte e Raúl Santoveña, tamén do CITIC coruñés.

Segundo explican desde o CITIC, “o fósforo é, xunto con outros catro elementos –carbono, nitróxeno, osíxeno e xofre-, fundamental para o desenvolvemento dos seres vivos” da Terra, “xa que forma parte das moléculas do ADN, e tamén é un elemento imprescindible no intercambio enerxético nas células”. É un elemento abundante na Terra, o que o converte en “limitante” para a vida fronte aos outros catro, que aparecen en moita maior medida. Porén, a súa presenza na Terra é elevada respecto aos valores medios da galaxia, feito que non tiña, ata o momento, unha explicación consensuada.

Publicidade

O traballo realizado agora polos investigadores da UDC e o IAC podería dar resposta ao que ata o momento foi un enigma para a comunidade científica internacional. Para iso foi fundamental, destacan desde o CITIC, a colaboración interdisciplinar, unindo coñecemento en astrofísica co desenvolvemento de técnicas de minería de datos en arquivos astronómicos. Desde hai anos, os investigadores da universidade coruñesa forman parte do proxecto Gaia da Axencia Espacial Europea, que pretende realizar un mapa da Vía Láctea

Segundo explica Raúl Santoveña, “deseñamos numerosas técnicas de Big Data que tivemos que afinar ao máximo porque estabamos a buscar unha agulla nunha palleira. Finalmente, atopamos 15 estrelas con abundancia de fósforo entre 10 e 100 veces máis alta mesmo que as observadas no Sol”. Pola súa banda, Carlos Dafonte indica: “É probable que observásemos só unha mostra de estrelas ricas en fósforo, debemos confirmar a súa peculiaridade en traballos futuros”.

Publicidade

O estudo publicado propón que probablemente o fósforo proveña da contaminación ocorrida na nube onde se formaron estas estrelas cando unha xeración anterior de estrelas, moi masivas e de natureza descoñecida, finalizaron a súa vida como astros radiantes. Conclúe a astrofísica Minia Manteiga que “a contaminación da nube protoestelar debeu de ser un fenómeno local, e relativamente raro xa que a proporción deste tipo de estrelas é pequena. Aínda así podemos especular que poderían contribuír de maneira apreciable á evolución química do Sistema Solar e da Terra, e a que se desen as condicións adecuadas para o xurdimento da vida, e que por tanto a vida é en gran medida unha rareza na nosa galaxia”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia impulsa unha infraestrutura cuántica pioneira ao servizo da investigación

O CITIC obtén unha axuda de 1,04 millóns de euros que financiarán proxectos con impacto nos ámbitos da saúde, a industria ou a ciberseguridade

Pódcast | Do sangue á lava: ciencia para predicir fluídos

A matemática e investigadora do CITIC María González Taboada participa no novo episodio de O Descodificador

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

Pódcast | Como coidar o planeta con algoritmos verdes

As investigadoras do CITIC Amparo Alonso e Bertha Guijarro analizan os custos ambientais dos grandes modelos de intelixencia artificial