Venres 29 Marzo 2024

A presenza de litio na auga da billa vincúlase a menores taxas de suicidio

O achado de científicos británicos pon sobre a mesa a posibilidade de realizar ensaios en determinadas poboacións

Unha investigación realizada por científicos da Escola Médica de Brighton e Sussex (BSMS) e o Instituto de Psiquiatría, Psicoloxía e Neurociencia do King’s College de Londres expón que a presenza natural de litio na auga da billa pode ter un efecto anti-suicidio. O estudo, publicado no British Journal of Psychiatry compilou investigacións desenvolvidas en varios países e atopou que as áreas xeográficas con concentracións relativamente altas deste elemento químico, usado no tratamento contra algunhas enfermidades mentais, correspondíanse con taxas de suicidio máis baixas.

“É prometedor que os niveis de litio detectados na auga poidan exercer un efecto anti-suicida e teñan o potencial de mellorar a saúde mental da comunidade”, expón Anjum Memon, catedrático de Epidemioloxía e Saúde Pública do BSMS e autor principal do estudo. Memon engade que “a prevalencia de problemas de saúde mental e as taxas de suicidio están a aumentar en moitos países; en todo o mundo, máis de 800.000 persoas morren por esta causa cada ano, sendo a principal causa de falecementos nas persoas de 15 a 24 anos“.

Publicidade

Os autores da investigación salientan que “é cada vez máis importante” ofrecer opcións para mellorar a saúde mental nas comunidades para “reducir a incidencia da ansiedade, a depresión e as posibles condutas suicidas”, que se viron agravadas, nalgúns casos, por mor da pandemia da Covid-19.

O litio lévase usando desde hai bastantes anos como un fármaco indicado no tratamento e prevención de episodios maníacos e depresivos, pois está demostrado que estabiliza o estado de ánimo e reduce o risco de suicidio en persoas con trastornos mentais. As súas propiedades tamén axudan a reducir a agresividade, os posibles comportamentos violentos e o abuso de determinadas substancias. Trátase dun elemento natural, presente en vexetais, cereais ou a propia auga da billa, xa que se pode incorporar a ela a través da erosión no subsolo, desde as augas subterráneas. Estudos recentes atoparon tamén que o litio se relaciona cunha menor incidencia do Alzheimer e outras demencias.

O profesor Allan Young, do King’s College de Londres, aclarou, neste sentido, que “os niveis de litio son moito máis baixos que os que aparecen nos medicamentos, aínda que a exposición neste caso é máis longa no tempo, desde os primeiros anos de vida.

Ensaios

Os achados poderían abrir a porta, segundo Anjum Memon, a comprobar a hipótese mediante ensaios aleatorios en distintas comunidades que poidan destacar polas altas taxas de doenzas mentais, comportamentos delitivos, abuso de substancias ou risco de suicidio. “Isto podería achegar máis evidencias para respaldar a hipótese de que o litio poida usarse en determinadas áreas para combatir ou reducir o risco destes problemas”.

No seu traballo, os investigadores realizaron unha revisión sistemática e unha metaanálise de estudos realizados en Austria, Grecia, Italia, Lituania, Reino Unido, Xapón e os Estados Unidos, que correlacionaron cos niveles de litio naturais nas muestras de agua potable e as taxas de suicidio en 1.286 regiones, condados e ciudades destes países.


Referencia: Association between naturally occurring lithium in drinking water and suicide rates: systematic review and meta-analysis of ecological studies. (Publicado en The British Journal of Psychiatry).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Confirmado: hai unha estreita relación entre a microbiota e a deterioración da saúde mental

Un estudo realizado en Corea do Sur estimou unha probabilidade 1,4 veces maior de padecer depresión se mediaba unha dieta xenerosa en ultraprocesados

Gastos excesivos, comidas familiares… Estes son os consellos para sobrevivir o Nadal

A psiquiatra galega Iria Veiga recomenda repartir as tarefas do fogar e non sobrecargarse con compromisos sociais

Ansiedade pola crise climática: “Nada parece útil para salvar o planeta do seu inexorable final”

As respostas emocionais ante as ameazas ambientais que poñen en perigo o futuro da Terra son cada vez máis comúns na poboación

Un estudo galego demostra que o consumo de substancias é un factor de risco do suicidio

Os investigadores aseguran que ten máis prevalencia en zonas rurais e que o cometen máis os homes que as mulleres