A investigadora Natalia Barreiro recibe o Premio Talento Mozo Galicia

Distinguen a súa "excelente traxectoria" no campo da viroloxía molecular, un campo de estudo que desenvolve no CiQUS da USC

Premiar o talento e a motivación. Esa é unha das premisas das que parte o Premio Talento Mozo Galicia, que acaba de sumar un novo nome á súa nómina de galardoados. Neste 2021, a distinción recíbea a investigadora postdoutoral Natalia Barreiro, que traballa actualmente no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS). A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, que entrega o premio, recoñece a “traxectoria excelente” da investigadora no campo da viroloxía molecular.

Máis polo miúdo, o traballo de Barreiro estivo centrado no desenvolvemento dunha vacina contra o  SARS-CoV-2 empregando un sistema de etiquetaxe molecular (IC- Tagging) desenvolvido integramente no grupo que dirixe o profesor José Manuel Martínez Costas. Con este sistema “somos capaces de producir microesferas proteicas en diferentes sistemas de expresión e produción de proteínas nas que podemos cargar proteínas de interese do SARS-CoV-2, o que nos permite obter un candidato de vacina de tipo  subunitario”, segundo explica Natalia.

Publicidade

Recoñecer o esforzo

Así o declara en relación ao desenvolvemento dun sistema que podería permitir a produción de vacinas de maneira máis rápida e económica. “Este premio é unha forma de recoñecer o esforzo que se fixo e se continúa a facer no desenvolvemento da vacina no laboratorio, ademais de que sempre fai ilusión que che concedan un premio polo teu traballo”, engade.

O Premio Talento Mozo busca recoñecer as mellores iniciativas da mocidade en Galicia, outorgando visibilidade ao seu talento para que sirva de referente ao conxunto da sociedade. Outras catro persoas foron premiadas xunto a Natalia Barreiro en distintas modalidades: rural, deporte, empresa, cultura e creación. Ademais da distinción honorífica, todos eles recibirán unha dotación de 5.000 euros.

Publicidade

José Martínez: “Temos un sistema para buscar a vacina que ninguén máis ten”

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CiQUS demostra que os de ciclos luz e escuridade guían a evolución estable de nanomateriais

O traballo liderado polo investigador Javier Montenegro permite guiar a organización de sistemas moleculares dinámicos cara a estruturas máis robustas

O 9% dos afogamentos en Galicia corresponden a intentos de suicidio

Un estudo da USC e da UVigo conclúe que o maior número de casos se produce nos maiores de 65 anos, en contornas rurais e sen testemuñas

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos