Barrié convoca 16 bolsas de posgrao no extranxeiro

A Fundación Barrié oferta 10 bolsas para estudos de Mestrado en centros de todo o mundo e seis bolsas de Doutoramento e Postdoutoramento en Estados Unidos

A Fundación Barrié convoca a 33.ª edición do Programa de Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro co obxectivo de facilitar o acceso ao coñecemento das mellores técnicas, métodos e procedementos a nivel internacional. 

Esta nova convocatoria, cuxo prazo remata o 14 de febreiro, introduce por primeira vez a posibilidade de realizar programas de doutoramento e postdoutoramento na LSU Health Shreveport, Estados Unidos. Esta novidade busca fomentar os vínculos profesionais, académicos e sociais de persoas tituladas vinculadas a Galicia co continente americano. 

Publicidade

A fundación galega puxo en marcha este programa no ano 1990, cunha inversión acumulada de máis de 44 millóns de euros, da cal se beneficiaron ata o momento 710 galegos/as. 

Estudos de Mestrado

A convocatoria ten por obxectivo a concesión dun total de 10 bolsas para a realización de estudos de Mestrado en todas as áreas de coñecemento durante o curso académico 2022-2023 en institucións extranxeiras de referencia internacional. Estas bolsas están dirixidas a titulados/as universitarios/as con nacionalidade española e vinculados/as a Galicia. A dotación económica da bolsa será dun máximo de 50.000 euros anuais. Podes acceder ás bases completas e ao formulario de solicitude na seguinte ligazón.

Publicidade

Programa de Doutoramento en Estados Unidos

A convocatoria ten prevista a concesión de catro bolsas para a realización dalgún dos seguintes programas de doutoramento ofrecidos pola LSU Health Shreveport: Bioquímica e Bioloxía Molecular; Microbioloxía e Inmunoloxía; Fisioloxía Celular e Molecular; Anatomía e Bioloxía Celular; e Farmacoloxía; Toxicoloxía e Neurociencia. 

Estas bolsas están dirixidas a titulados/as universitarios/as galegos/as na área de Ciencias da Vida. Para participar no programa non será necesario dispor dun título de Mestrado. Poden optar a estas bolsas tamén o estudantado do último curso de grao. A dotación económica da bolsa inclúe un salario anual base de 26.000 dólares, así como unha asignación anual de 6.000 euros para gastos de manutención e seguro médico.

A duración da bolsa será, como máximo, de cinco anos. As persoas seleccionadas poderán comezar o programa de doutoramento en agosto de 2022. Podes acceder as bases completas e formularios de solicitude na seguinte ligazón.

Programa de Postdoutoramento en Estados Unidos

A convocatoria, dirixida a persoal investigador na área de Ciencias da Vida, ten prevista  a concesión de dúas bolsas para desenvolver investigación avanzada no LSU Health Shreveport. Entre as principais áreas de investigación inclúense: Microbioloxía e Inmunoloxía; Cardioloxía; Cáncer; e Farmacoloxía.  

A dotación económica da bolsa inclúe un salario anual base de 52.000 dólares, así como unha asignación anual de 12.000 euros para gastos de manutención e seguro médico. A duración da bolsa será, como máximo, de catro anos. 

As persoas seleccionadas poderán comenzar o programa de postdoutoramento na LSU Health Shreveport entre abril e setembro de 2022. Podes acceder as bases completas e formularios de solicitude na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana

Desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio optan a Palabra do Ano 2025

A iniciativa impulsada pola RAG e a Fundación Barrié inicia o seu período de votacións, que pechará o 21 de decembro ás 23:59 horas

Manuel, Celso e Abel: os galegos que loitaron con EEUU na Segunda Guerra Mundial

O profesor da USC Javier Fernández Castroagudín participa en tres estudos que poñen o foco en emigrantes galegos que combateron no conflito internacional dende América

Nova polémica científica de Trump: vincula o autismo coa toma de paracetamol no embarazo

O Goberno estadounidense proporá, segundo o Washington Post, a leucovorina como posible cura a pesar do escepticismo da comunidade científica