Atopan unha nova fonte de gases de efecto invernadoiro en Siberia

Trátase dun permafrost denominado Yedoma, moi rico en material orgánico, que desprende altas cantidades de óxido nitroso ao desconxelarse

Cada vez son máis os estudos científicos que advirten do avance imparable do cambio climático. A esta nómina de investigacións súmase agora un traballo publicado en Nature Communications. Un equipo de científicos acaba de atopar unha nova fonte de emisión de gases de efecto invernadoiro, o responsable de que aumente a temperatura do noso planeta. Máis en concreto, trátase do óxito nitroso (N2O), que se desprende en grandes cantidades cando un permafrost de Siberia se deconxela.

Este capa do subsolo ten un nome específico: Yedoma. Trátase dun permafrost rico en material orgánico que se estende nunha ampla cantidade de terreo. Para ser máis exactos, cobre máis dun millón de kilómetros cadrados de terra no hemisferio norte. Para determinar que este tipo de permafrost é unha importante fonte de emisión de óxido nitroso, os investigadores estudaron os ríos Lena e Kolyma, no noreste de Siberia.

Publicidade

Alí descubriron que a medida que Yedoma se derrete na ribeira destes ríos vai desprendendo entre 10 e 100 veces a cantidade de óxido nitroso que, en realidade, se esperaría do desxeo do permafrost. “O alto contido de xeo de Yedoma faino vulnerable ao desxeo abrupto e ao colapso do solo, o que permite unha rápida mobilización das reservas de carbono e nitróxeno do solo despois do desxeo”, apuntan os investigadores do estudo.

O óxido nitroso

Segundo apuntan no traballo, o óxido nitroso é un gas producido por unha serie de microbios que se poden atopar no solo. E aínda que na nosa atmosfera non é tan abundante como o dióxido de carbono (CO2) ou o metano, o seu efecto sobre o aumento da temperatura é aínda máis significativo. De feito, as cifras son contundentes. O óxido nitroso é case 300 veces máis forte que o CO2 como axente do efecto invernadoiro durante un período de 100 anos.

Publicidade

Mais cabe preguntarse cales son as particularidades do permafrost de Yedoma para que sexa unha fonte tan significativa deste gas. Ao parecer, nel lévanse a cabo unha serie de procesos moi específicos que contribúen ás altas cantidades de óxido nitroso. En eles, a velocidade coa que secan os sedimentos e coa que se estabilizan despois da desconxelación. Os investigadores tamén indican que cando o permafrost comeza a derreterse as emisión son lentas, pero van aumentando con rapidez no curto transcurso dunha década.

Máis en detalle, a medida que Yedoma se derrete, o número de microbios produtores de óxido nitroso aumenta. De igual maneira que se reduce a poboación de microbios que consomen este gas. Non obstante, os investigadores advirten que as condicións nas que se atopa Yedoma poden atoparse noutros lugares. É dicir, que non é unha situación exclusiva desta zona de Siberia.

Máis estudos sobre o permafrost

De feito, os investigadores pensaban ata o momento que o nitróxeno atrapado no permafrost non era unha gran preocupación respecto do cambio climático, posto que o seu ciclo no solo ártico adoita ser moi lento. Malia isto, o estudo demostra que se precisa máis investigación sobre canto nitróxeno pode chegar a almacenarse nas paisaxes frías, como de rápido se pode liberar e cales poderían ser os efectos sobre os ecosistemas e, en xeral, sobre o quecemento global.

“A liberación de nitróxeno do desxeo do permafrost pode mellorar substancialmente a dispoñibilidade de nitróxeno nos ecosistemas árticos o que, ademais da retroalimentación climática directa en forma de óxido nitroso, pode ter importantes consecuencias na fixación de carbono polas plantas e a eutrofización dos sistemas hídricos”, conclúe a primeira asinante do artigo, a científica ambiental Maija Marushchak da Universidade de Finlandia.


Referencia: Thawing Yedoma permafrost is a neglected nitrous oxide source. (Publicado en Nature Communications).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies