Un novo biomarcador controla a eficacia da inmunoterapia contra o cancro de pulmón

A análise conxunta das imaxes médicas e os datos clínicos permite o desenvolvemento dun marcador non invasivo

A inmunoterapia axuda o sistema inmunitario dos pacientes a que faga a súa función contra as células tumorais, mediante a administración de fármacos que permiten desactivar os mecanismos de evasión que desenvolven as células canceríxenas. Realízase con fins curativos ou preventivos.

Axustar a aplicación temporal dun tratamento a un paciente é crucial para a súa recuperación. Saber se, por exemplo, un tratamento de inmunoterapia debería prolongarse ou acurtarse en función de se está a ser ou non efectivo, é un avance enorme no ámbito científico. A fatiga, a febre, os calafríos, a debilidade, as náuseas, vómitos, mareos, dores corporais e a presión arterial alta ou baixa son posibles efectos secundarios da inmunoterapia.

Publicidade

A selección dun tratamento eficaz e a avaliación adecuada do beneficio clínico son importantes para xestionar mellor os pacientes con cancro cunha supervivencia prolongada e preservar a calidade de vida. Os tratamentos de cancro adoitan ser eficaces, pero tamén teñen un impacto significativo nos pacientes, en varios ámbitos.

Saber se un tratamento de inmunoterapia se pode prolongar ou acurtar é un enorme avance científico

Grazas a un novo estudo, publicado en Journal of Translational Medicine, identificouse un biomarcador non invasivo para predicir o beneficio clínico duradeiro da inmunoterapia, baseado na integración de datos radiómicos (análises computacionais das imaxes médicas) e clínicos monitorizados, durante os primeiros meses de tratamento con anticorpos monoclonais chamados anti-PD-1/PD-L1, en pacientes con cancro de pulmón non microcítico avanzado.

Publicidade

A inmunoterapia converteuse nunha referencia contra este tipo de cancro, con taxas de resposta prometedoras, enfermidade que segue presentándose cunha frecuencia alta. A predición da eficacia da resposta ao tratamento antes e durante o tratamento, segue sendo crítica para o manexo personalizado das persoas con esta enfermidade.

“A vida e a saúde dos pacientes con cancro de pulmón avanzado podería mellorar determinando a tempo a eficacia do tratamento”

BENITO FARINA, primeiro autor do traballo

Segundo María Jesús Ledesma, investigadora da Universidade Politécnica de Madrid, do CIBER-BBN e líder deste traballo, “este estudo supuxo un avance significativo na predición e vixilancia da resposta á inmunoterapia utilizando intelixencia artificial multimodal, a partir de datos non invasivos do inicio do tratamento”.

Doutra banda, Benito Farina, primeiro autor do traballo, resalta que “grazas a esta investigación, a vida e a saúde dos pacientes con cancro de pulmón avanzado podería mellorar determinando a tempo, e de maneira obxectiva, a eficacia do tratamento, evitando toxicidades, custos e facilitando a aplicación de tratamentos alternativos”.

Estudar efectividade do tratamento

A identificación de biomarcadores preditivos non invasivos da resposta á inmunoterapia é crucial para evitar interrupcións prematuras do tratamento ou prolongacións ineficaces. Un biomarcador utilízase ás veces para determinar a resposta do corpo a un tratamento para unha enfermidade ou afección.

A investigación é froito da cooperación de equipos de tres áreas do CIBER (Centro de Investigación Biomédica en Rede): Bioenxeñaría, Biomateriais e Nanomedicina (CIBER-BBN), Enfermidades Respiratorias (CIBERES) e por último, Cancro (CIBERONC), así como dos hospitais Fundación Jiménez Díaz e Clínica Universidade de Navarra.

O estudo foi financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, o Instituto de Saúde Carlos III, a Fundación BBVA e os fondos FEDER e Next Generation da Unión Europea. As técnicas desenvolvidas nesta investigación están a ser optimizadas para a súa utilización no proxecto multicéntrico nacional de medicina personalizada INGENIO, liderado por CIBERONC.


Referencia: Integration of longitudinal deep-radiomics and clinical data improves the prediction of durable benefits to anti-PD-1/PD-L1 immunotherapy in advanced NSCLC patients (Publicado en Journal of Translational Medicine)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto galego permitirá que os bancos actualicen a súa criptografía sen cambiar as formas de pago

Qryption é unha iniciativa do centro tecnolóxico Gradiant pola que poderán centralizarse os sistemas criptográficos financeiros nun só punto de xestión, co apoio do programa Ignicia da Xunta de Galicia

Onde están as mulleres

Un ano máis, os Nobel de Ciencia só se outorgan a homes

A conduta suicida na mocidade galega: case un 20% presenta un nivel entre moderado e alto de risco

Unha investigación da UVigo baseada en 900 cuestionarios a participantes de entre 15 e 29 anos destaca o peso do contexto familiar, social e educativo

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua